jueves, 21 de diciembre de 2017

RECIBIMENTO AOS REIS MAGOS E COTILLÓN INFANTIL.

Por fin chegou o fin de trimestre, e celebramos ao revés o Nadal.Primeiro recibimos aos Reis Magos e logo celebramos o fin de ano con champín e uvas vestidos de gala ,para logo tomar o chocolate con churros.
P.D.Chegamos cedo a casa.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VISITA EXPOSICION DE PABLO GENOVÉS E LITA CABELLUT NO MAC.

Hoxe fixemos a segunda excursión do curso ao Museo de Arte Contemporáneo  para ver as exposición do fotógrafo Pablo Genovés e da pintora Lita Cabellut.Relacionado coa obra de Genovés cunha serie de fotos de inundacións,fixemos un obradoiro no que simulamos inundar a cidade da Coruña como efecto do cambio climático.

martes, 19 de diciembre de 2017

MÓBIL DE NADAL.

En plástica estivemos a facer con material de reciclaxe(as esquineiras de protección das mesas de Primaria)un móbil para o Nadal.Idea da profe Pilar.

domingo, 17 de diciembre de 2017

VISITA DE PAPÁ NOEL.


Logo,ao chegar ao cole,non tivemos tempo de relaxarnos. Tivemos a visita dun señor vestido de vermello e con barba branca que nos deu un agasallo.
CUMPLES DE DANIELA E LARA.

Esta semana  tamén tivemos os cumples das benxaminas  desta promoción,Daniela e Lara,da clase de Susana. Parabéns as dúas!!

viernes, 15 de diciembre de 2017

VISITA AO AEROPORTO DE ALVEDRO.


Hoxe tivemos un día moooi intenso.
Primeiro fomos  coñecer o aeroporto de Alvedro.Alí ensínaronnos o Sevicio de Rescate co Helimer onde os pilotos explicáronos como fan para salvar a xente no mar.
Logo fomos ao Parque de Bombeiros,observamos como se visten ,subimos aos camións e vimos como apagan o lume co canón de auga.
Por último coñecimos como fan os cetreros para que os falcóns eviten que entren paxaros no aeroporto  e así evitar accidentes.
Por suposto vimos aterrizar e despegar moitos avións .
Agradecer aos pais de Pelayo e Iria a sua axuda.

domingo, 3 de diciembre de 2017

ROMA II.

Xa estamos acabando o Proxecto de Roma,aprendimos moitas cousas, e agora plasmámolo nun mural que puxemos no andar de Infantil.

viernes, 1 de diciembre de 2017

CLASE DE MÚSICA II.

Hoxe,martes tivemos clase de música coa profe Pilar,e aprendimos a escala musical e practicamos cos xilófonos.
CUMPLE DE ADRIÁN GARCÍA.

Esta semana tivemos o cumple de Adrián García ,da clase da profe Susana. Parabéns,Adrián!!!

viernes, 24 de noviembre de 2017

SAÍDA AFUNDACIÓN : A ARTE NO CÓMIC.

Nesta semana tan intensa,escomenzamos a temporada de excursións.Hoxe fomos a sé da Afundacion Abanca na Coruña,para que Laura e Ruth,vellas amigas nosas,nos explicaran como a Arte foi influida polo cómic e viceversa,con obras de Picasso,Dalí e Leonardo.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hoxe celebramos no cole o Día contra a violencia de Xénero:fixemos un brazalete que nos pedíu a bruxa Brúxula da Illa Fanrtasía,e tamén adornamos a nosa árbore no andar de Educación Infantil con tiras violetas con frases contra a Violencia de Xénero.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

martes, 21 de noviembre de 2017

PLANTACIÓN DE VERDURA.


Plantamos repolos(de Betanzos),leitugas e chícharos no invernadoiro.
En Xaneiro,AMORODOS.

DÍA UNIVERSAL DO NEN@.

Hoxe celebramos no cole o día Universal do Nen@,falando dos dereitos e dos deberes dos ne@s  e da sote que temos mpor vivir no Primeiro Mundo.
Fixemos un muarl con pegatinas as que lles puxemos o noso nome.
DRAGONA RAMONA.

Non sei si estarémonos facendo un pouco de lío,pero aparte da visita dunha Bruxa ao cole,tamén veu a Dragona Ramona a contarnos o conto Carabuñas,da editorial OQO.

P.D. Non se espera a visita de Pablo Picasso,Bárbaros ou Romanos.

AMULETOS ILLA FANTASÍA.

Para espantar a mala sorte a bruxa Brúxula nos deu pedras preciosas para facer un amuleto..
PROXECTOS ILLA FANTASÍA.

Este ano os nenos de 4 e cinco anos,xunto cos de primeiro e segundo de Primaria do cole,participamos no Proxecto Illa Fantasía,cos Colexios Sada e seus contornos,Couceiro Freijomil de Pontedeume,Sofía Casanova de Culleredo ,Vales Vilamarín de Betanzos,Mondego  e as unitarias de Culleredo.
Trátase dun proxecto de iniciación á escritura e a lectura a través dunha historia que nos conta a bruxa Brújula coas  suas visitas ao cole e da a sua neta Yu Yu Tu , con cartas semanais que  nos propón retos e actividades.
Esta semana foi de visita ao noso cole...


lunes, 13 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017.

Hoxe celebramos no cole o Magosto,con xogos organizados polo nen@s de sexto de Primaria ,cun castañeiro que nos asou as castañas e coa compañía dos pais/nais/avós/avoas e coidadoras que disfrutaron con nós e tamén  as comeron. Aviso:son 155 fotos.
FÁBRICA DE XABÓN.

Aínda que os romanos usaran  o spa para asearse,contribuiron a expansión do xabón que usaban os bárbaros,así que nós fabricamos xabón de cores e aromatizado para expandilo polas nosas casas.
CUMPLE DE LÍA.

Xa van quedando menos nen@s de catro anos,ímonos facendo maiores;e despois desta reflexión filosófica,felicitar a Lía da clase o profe Xoán.Parabéns ,Lía!!

jueves, 2 de noviembre de 2017

martes, 31 de octubre de 2017

CUMPLE DE YAGO.

Tamén tivemos tempo para celebrar o cumple de Yago,da clase de Susana. Parabéns ,Yago Prado!
SAMAÍN III.

Hoxe celebramos o Samaín,di a canción...primeiro fomos ver as larpeiradas arrepiantes,papamolas,xogamos cos nosos disfraces e cantamos a canción que estivemos ensaiando estas dúas semanas:No Samaín de Paco Nogueiras.

lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN II.

Seguimos ensaiando a coreografía da canción do Samaín e posamos coas cabazas (CONTINUARÁ).

viernes, 27 de octubre de 2017

SAMAÍN I.

Esta semana andamos moi alterados coa preparación do Samaín:ensaio da coreografía cos nen@s de sexto,decoración do andar de Infantil,contos  na Aula de Música...(Continuará).
OBRADOIRO DE LOGOPEDIA LATINA.

A profe Lola,amablemente ofrecéuse  a dar unha clase de logopedia ataviada de Senadora Romana.
CUMPLE DE ALMA.

Tamén temos tempo para celebraren os derradeiros aniversarios das aulas de Susana e Xoán.
Esta semana tocóulle a Alma,da clase de Susana.Parabéns,Alma.

martes, 10 de octubre de 2017

ROMA I.

Como xa sabedes estamos a estudiar A Antiga Roma.
Xa sabemos cousas dos Gladiadores e dos lexionarios : observade a nosa formación da tartaruga ,que daría envexa ata o mesmo Xulio César..



CLASE DE MÚSICA.

Na clase do profe Xoán,a música a da a profe Pilar (observen que está a bailar un Vals) e na clase de Susana ,a encargada e a profe Luz.
CUBISMO FRENTE A IMPRESIONISMO.

Como xa sabedes,estamos a estudiar a Picasso,e as suas etapas pictóricas;parece que comprendemos máis a fase rosa e azul que a cubista.Con tantas excursións o ano pasado,perdimos práctica co pincel...

jueves, 5 de octubre de 2017

BIBLIOTECA.

Cada semana imos á Biblioteca a escoitar un conto e aprender  como coller e coidar os libros da Biblioteca do cole.
CUMPLE DE BRYAN.

Esta semana cumplíu cinco anos Bryan ,da clase de Susana.Parabéns,Bryan!!
MASTERCHEF JÚNIOR.

Unha vez coidados con agarimo e observados científicamente os cogumelos,tocóunos papalos con xamón.


CLASE DE INFORMÁTICA.

Xa escomezamos coas clases de informática : por parellas cunha tablet para xogar con Fantasmín,pero antes temos que saber acender e apagar o ordenador e ter paciencia cando a tecnoloxía non vai como queremos...

jueves, 28 de septiembre de 2017

MÉREDITH.

Na clase do profe Xoán temos unha nova compañeira que veu de Cuba,Méredith.
Benvida!!
CUMPLE IRIA.

Para non perder o costume, e antes da tempada do Cocido,continuamos coa celebración dos cumples,neste caso de Iria da clase de Susana que os cumplíu en Verán.
Felicidades,Iria!!
NOVO CURSO.

Escomenzamos o novo e derradeiro curso de 5 anos de Educación Infantil con ganas de veren aos amig@s,o cole e os profesores.
Este ano hai novedades:Pilar e Luz son as profes de apoio,Víctor é o de relixión ,Chus a  de Inglés e continua Óscar dándonos Psicomotricidade.
Os proxectos que imos tratar este ano,elexidos democráticamente o curso pasado,son:" A antiga Roma","A auga" e "a Idade Media,os Castelos",un para cada trimestre.
Tamén imos estudiar Picasso no primeiro trimestre,Os contos no segundo e seguiremos facendo das nosas ao longo do curso...Mus-e,obradoiros de cociña,excursións,informática,música,biblioteca e argalladas varias.
Non nos imos aburrir.

viernes, 23 de junio de 2017

CHOCOLATADA DE FIN DE CURSO.

Hoxe os de Susana e Xoán tiveron unha merenda moi saudable,chocolate con churros,e para equilibrar,xelado de chocolate.Teñen todo o verán para tomar froita,máis vale unha boa enchenta que mil lambadas.
FELIZ VERÁN A TOD@S!
CUMPLE DE GAEL.


Aínda quedaba algún cumple adiantado ao verán por celebrar,Gael ,da clase de Susana convidounos a unha tarta polo seu cumple.!Parabéns,Gael!!

jueves, 22 de junio de 2017

CUMPLES DE ÁLVARO E BRAIS.

Tamén na clase de Susana adiantouse o verán e a operación bikini.Esta semana celebramos os derradeiros aniversarios por este curso,os de Álvaro e Brais.Parabéns aos dous!!
CUMPLE DE ALONSO.

Xa a finais de partido,en tempo de desconto,temos un cumple máis,o de Alonso,da clase do profe Xoán.
Parabéns!!

miércoles, 21 de junio de 2017

SAÍDA PARQUE ACEA DA MÁ.-Clase de Susana.

O martes 21 de xuño fomos ao parque de Acea da Má a facer unha mañá de xogos e merenda campestre.A pesares da calor que ía,pasámolo xenial.
Aviso : son 127 fotos da clase de  Susana e 122  da clase de Xoán.
SAÍDA PARQUE DE ACEA DA MÁ - CLASE DE XOÁN.


jueves, 15 de junio de 2017

CUMPLES DE ANDREA Y JADEL.

Esra semana cumpliron anos,Jadel,da clase de Susana e Andrea,da clase de Xoán.Parabéns aos dous!!

martes, 13 de junio de 2017

viernes, 9 de junio de 2017

CUMPLES DE LEO , CANDELA E ALICIA.

Esta semana,rematando o curso,tivemos  dous ou tres cumples: dous na clase de Xoán,e un na clase de Susana.Leo e as irmás Candela e Alicia cumpliron os cinco anos.Parabéns aos tres!!

jueves, 8 de junio de 2017

CONTO COMPARTIDO.

Dentro dun Proxecto Europeo,os nen@s de 4 e 5 anos,os de primeiro e segundo de Primaria ,elaboramos un conto en común.Primeiro os nenos da profe Ana inventaron as pesonaxes;logo,nós, os e 4 anos inventamos o conto,para o que tivemos que poñernos dacordo por grupos.Logo contámosllo aos nenos de 5 anos que van   facer os decorados,e aos de segundo de Primaria,que o van representar cos de Primeiro.Vaia lío!!

martes, 30 de mayo de 2017

CUMPLES DE VALENTINA E LAURA.

Xa está rematando o curso e aos nen@s dóenlle a barriga e non queren ir ao cole,pero aínda asi ninguén pódese resistir a un biscoito de cumpleanos,non vaia un quedar mal..
Este senmana tocóulle a Valentina e Laura,as dúas da clase do profe Xoán.
Pararabéns as dúas!

miércoles, 24 de mayo de 2017

CLASE DE BIOLOXÍA IMPROVISADA.

Tamén os nenos de quinto trouxeron ao cole un panal de abellas e unha pel de serpe patra que o viramos.
Outro día se cadra iremos nós a darlles clase  de Exiptoloxía.
CONTO CONTIGO-CLASE DE SUSANA.

Estamos a facer os nen@s de quinto de Infantil cos de quinto de Primaria un conto de lobos.Primeiro , nós inventamos o conto e os nen@s de primaria nolo escriben.Noutra sesión os maiores nolo dictan e nós o escibimos.
VISITA PIZZERÍA-CLASE DE SUSANA.

 Hoxe tocóulle ir a clase de Susana...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.

O pasado martes 16 de maio celebramos no cole o Dia das Letras Galegas ,adicado este ano a Carlos Casares,do que traballamos na clase o conto da Galiña Azul e as historias do seu gato Samuel.Velaí van as fotos do acto que fixemos no patio de Primaria.

martes, 23 de mayo de 2017

VISITA PIZZERÍA-CLASE DE XOÁN.

Hoxe fixemos a nosa penúltima saída deste ano,a Telepizza en Matogrande.Portámonos xenial (agás algunha excepción),e saboreamos unha pizza feita por nós,despois de escoitar a historia da pizza e a importancia dunha alimentación saudable.

martes, 9 de mayo de 2017

ACTUACIÓN BRINCAVAI.

Empeza a celebración da Semana das Letras Galegas,e acompañados polos nenos de quinto de Primaria,fomos ao Salón de Actos da Universidade Laboral  con todo o colexio a ver a actuación de Paco Nogueira,co espectáculo Brincavai.Velaí vai como o pasamos...

lunes, 8 de mayo de 2017

FACEMOS PAPIROS.

Como xa sabedes ,estamos a estudiar Exipto,e, en plástica se nos ocurriu facer un papiro con gasas,pegamento e café.

miércoles, 3 de mayo de 2017

SAÍDA AO MUNCYT.

Hoxe fomos de excursión ao MUNCYT de A Coruña.Alí estivemos vendo a vidrieira que fixo Peteiro na Sá de Congresos,falamos cos robots do Museo,observamos varios inventos e aparellos,e por último,subimos ao avión low cost(dous en cada asiento)onde disfrutamos da viaxe de volta.


CUMPLES DE PELAYO E ALBA.

A primeiros de Maio,cumplen anos, Pelayo,da clase do profe Xoán,e Alba ,da clase da profe Susana.Parabéns aos dous!!

viernes, 28 de abril de 2017

.DÍA MUS-e 2017.

 Hoxe celebramos no pavillón o primeiro Día Mus-e  do cole,con público,para ver o que fixeron os nen@s de 5 e 4 anos con Xus e Ramiro este trimestre.Portámonos xenial e actuamos como profesionais.


jueves, 27 de abril de 2017

CUMPLE DE IKER.

Esrta semana celebramos o cumple de Iker,da clase do profe Xoán.Xa ten cinco anos!
VERMES DE SEDA / EIRUGA LARPEIRA VERSIÓN REAL.

Como xa vos daredes decatado,estamos a alimentar e ver o proceso do crecemento dos vermes de seda,de ovos a eirugas,e de eirugas a bolboretas.As moreras do patio de infantil sufriron unha podadura antes de tempo.

miércoles, 26 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017.

Hoxe celebramos,con retraso,o Día do Libro no cole.Como xa é costume,os nen@s maiores,neste caso de segundo de Primaria ,leron un conto aos nen@s de Infantil no patio.
OBRADOIRO DE RECICLAXE.

Co derradeiro trimestre deste segundo ano de Infantil vaise acabando o curso e acumúlanse as actividades.Hoxe tivemos unha actividade de reciclaxe do Concello de Culleredo,no que Bibiana a monitora explicounos a importancia de reciclar para conservar a natureza.Xa tedes bolsa para a praia...

lunes, 24 de abril de 2017

CUMPLE DE DANIELA.

Hoxe celebrou o cumple Daniela da clase do profe Xoán, e agasallóunos cunha eiruga de donuts e chuches.

viernes, 21 de abril de 2017

CUMPLE DE EREA.

Esta semana cumpliu 5 anos Erea ,da clase de Susana.Parabéns!!

SESION TEATRO MUS-e  VI.

Hoxe tivemos a nosa derradeira sesión Mus-e de teatro con Ramiro por este ano,e practicamos as emocións,non sin dificultade.Observade como se expresan ao principio da sesión.













miércoles, 19 de abril de 2017

CUMPLES DE MARCO E NATALIA.

Esta semana tivemos overbooking de tartas porque estivemos de cumples atrasados,Marco, e do mes de abril,Natalia,os dous da clase do profe Xoán.Parabéns aos dous!!

viernes, 7 de abril de 2017

jueves, 6 de abril de 2017

miércoles, 5 de abril de 2017

MOITO CONTO III !!

@s  nen@s  de quinto  da profe Maribel e os de cuarto das profes Victoria e Tesi seguen a vir a contarnos un conto na hora do Plan Lector,para nós a hora do conto.Coas portadas e rematar os traballos..
Non damos feito!

lunes, 3 de abril de 2017

INICIACIÓN Á ROBÓTICA.

Tamén coa profe Eva iniciámonos na Robótica,cun aparato que nos serve para traballar as ordes,a secuenciación e a lateralidade.Despois traballamos no encerado un clásico aplicando o que fixemos,o Xogo
dos Barcos...
ORQUESTA INFANTIL.

Coa profe Belén de apoio temos música,e como xa sabemos moito,aprendimos quen era Mozart e improvisamos unha orquesta cos instrumentos que tíñamos a man,eso sí con Director/a e batuta.
CUMPLES DE JON E SARA.

A semana pasada cumpliron cinco anos na clase de Xoán,Sara e Jon.Parabéns aos dous!!
SESIÓN MUS-E TEATRO V.

O pasado venres tivemos a nosa quinta sesión de Teatro Mus-e con Ramiro,e xa fixemos a nosa primeira obra de teatro por grupos.Salíunos estupenda,os nosos compañeiros atenderon como  un publico de maiores e Susana e Xoán quedaros abraiados co noso comportamento.

jueves, 30 de marzo de 2017

SESIÓN DE INFORMÁTICA I.

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión de informática coas tablets e coa axuda dos nenos de primeiro da profe Diana.Xogamos con Fantasmín,e pretendemos seguir con outros xogos educativos.Para a semana os de Susana...


miércoles, 29 de marzo de 2017

SAÍDA LAGOA DE EIRÍS.

Aproveitando o bó tempo e a primavera,hoxe fixemos a visita a Lagoa de Eirís,dentro do programa "Vexo,vexo" de Educación Ambiental do Concello de A Coruña. Acompañados de Noel e Paula observamos a fauna e a flora deste parque urbano,e ao final tivemos práctica de Parque,pero acuático...

lunes, 27 de marzo de 2017

SESIÓN MUS-e DANZA IV.

O venres pasado tivemos a nosa cuarta sesión de Danza dentro do Programa Mus-e ,con Xus, e podedes ver como disfrutamos coas cintas de cores.

martes, 21 de marzo de 2017

SESIÓN MUS-e TEATRO IV.

Seguimos coas sesións Mus-e de teatro con Ramiro Neira,pero parece que ás veces pensamos que é o recreo e nos teñen que poñer no noso sitio...

miércoles, 15 de marzo de 2017

CUMPLE DE SIRA.

Seguimos co mes de celebracións : esta semana cumple anos , Sira,da clase do profe Xoán.Parabéns,Sira.

martes, 14 de marzo de 2017

LOROPARQUE CASITA.

Por unha historia moi longa que os vosos fill@s  xa vos contarían,foi parar na Casita anexa ao cole un loro que xa podedes imaxinar que sorprendeu non só pola sua plumaxe...
DÍA MUS-e FAMILIAS.

O pasado venres os pais e nais das clases da aprofe Susana e do profe Xoán,tiveron a ocasión de disfrutar dunha sesión de Teatro do Proxecto Mus-e con Ramiro.Podedes ver o ben que o pasaron.


martes, 7 de marzo de 2017

INAUGURACIÓN DO PARQUE DE INFANTIL.

Despois de casi dous meses de ansiosa espera,por fin xa poidemos disfrutar do novo Parque de Infantil do cole,con inauguración oficial incluída.
VISITA A PANADERÍA CARNOEDO I.

Esta semana visitamos a Panadería Carnoedo de Culleredo,onde moi amablemente e con moita paciencia,amosáronnos como se facía o pan e os dulces.Saímos cargados con dúas bolsas de pan, e por suposto pasámolo estupendamente.Darlles as grazas a colaboración da Panadería ,porque fixeron todo de balde.

lunes, 6 de marzo de 2017

SESION III TEATRO MUS-E.

O venres pasado tivemos a terceira sesión de Teatro Mus-e co profe Ramiro.Para a semana temos unha actuacion de chamada Mus-e Familias,na que podedes vir a observar o que facemos.


MANDALA.

En plástica estamos a facer,dentro do Proxecto Marabillas do mundo,un Mandala con area de cores.
ENTROIDO II.



                                       



                                      

Grazas a colaboración de pais e nais das clases da profe Susana e Xoán,podemos amosar novas fotos e videos da actuación estelar dos nen@s de 4 anos.

jueves, 2 de marzo de 2017

CUMPLE DE MARTÍN.

Escomenzamos o mes de Marzo,que co de abril son os meses de babby boom do ano 2012,e xa temos o cumple de Martín,da clase do profe Xoán.Parabéns Martín!
ENTROIDO 2017.

Despois de tres semanas de duros ensaios,unha semana de Mandadiños e unha mañá de enchentas,por fin celebramos o Entroido con todo o cole.Como vedes traballamos como chinos...

martes, 21 de febrero de 2017

CUMPLES DE DARÍO,RUBÉN E LUIS.

A finais de mes cumplen xa os 5 anos tres nenos:dous da clase de Xoán,Darío e Luis,e un da de Susana,Rubén.Parabéns aos tres.

viernes, 17 de febrero de 2017

SESION  III DE DANZA MUS-e.

Estamos practicando pouco a pouco,e non sin dificultade(observade as cadeiras),as coreografías de Entroido e de Danza.Aínda así estamos cada día facéndoo mellor,e pese ao cansancio facemos esto:

jueves, 16 de febrero de 2017

NOME EN CHINO.

Tamén ,como xa sabemos todas as letras do alfabeto en maiúsculas,e parécenos pouco,aprendimos a facer o noso nome en chinés,con un pouco de axuda e moita imaxinación.
PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO PASEO DA RÍA DO BURGO.

Hoxe,todo o colexio,desde sexto ata os de tres anos,fomos, coa Policía Local e Protección Civil,a plantaren 20 castiñeiros no Paseo da Ría do Burgo,dentro do Proxecto Voz Natura 2016/17 no que participa o Colexio.Chegamos cheos de terra,pero aproveitamos para ver como vai quedar o patio de infantil...

miércoles, 15 de febrero de 2017

ENSAIOS DA COREOGRAFÍA DO ENTROIDO.

Como xa vos daredes decatado,estamos un pouco revolucionados co Entroido e os chineses,e estamos a ensaiar coa axuda da profe Belén a coreografía da canción "En un bosque de la china" de Enrique e Ana (para os da xeneración EXB ,para os da xeneración LOXSE antecesores de Cantajuegos).

martes, 14 de febrero de 2017

SEGUNDA SESIÓN MUS-e DE DANZA.

E para ir practicando no Entroido,tivemos a segunda sesión Mus-e de Danza con Xus...
SAÍDA TEATRO AFUNDACIÓN .

A pasada semana,tivemos unha saída a Fundación Abanca na Coruña,onde vimos a obra "OSIÑO",da compañía de marionetas Trompicallo.Encantounos.
EIRUGA LARPEIRA VERSIÓN PLÁSTICA.

Como xa vos dixemos,estamos a facer un libro da Eiruga Larpeira,e tamén queremos facer a versión 3D modelando con pasta blanca e pintando con témpera,para non perder o costume do ano pasado.

sábado, 4 de febrero de 2017

NOVA COMPAÑEIRA NA CLASE DE SUSANA.

Á volta das vacacións de Nadal,incorporóuse na aula de Susana unha nova compañeira chamada Antía.Benvida!!
SEGUNDA SESIÓN DE TEATRO MUS-e.

Este venres tivemos a segunda sesión de Teatro con Ramiro.Aínda nos custa un pouco afacernos as normas que nos dicta,sobre todo a algúns...pero pasámolo moi ben.

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ.

Para celebrar o Día da Paz o 30 de Xaneiro estamos a preparar a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueira coa sua correspondente coreografía e un mural no hall de infantil con mans de cores sobre unha árbore moi reviravolta.
Como vedes a coreografía saliunos moi ben.
A volta á clase os nen@s de cuarto recitáronnos un conto adicado á Paz.
Un día completo

domingo, 29 de enero de 2017

ACTIVIDADE DE DANZA MUS-e CON XUS.

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión de Danza dentro do proxecto MUS-e  con Xus.
Primeiro entramos en silencio e na fila na aula de música,sentámonos en círculo e traballamos a espera e os desprazamentos polo espacio.
Pasámolo pipa ,pero xa sabemos que non  podemos facer o que queiramos.Para aprender hai que respetarse a un mesmo e aos demáis.

jueves, 26 de enero de 2017

LIBRO DA EIRUGA LARPEIRA.

Como xa somos maiores e coñecemos casi todas as letras maiúsculas,estamos a facer ao ditado todos os xoves unha parte do conto encadeado  da Eiruga larpeira,de Eric Carle.

miércoles, 25 de enero de 2017

 PROXECTO "MARABILLAS DO MUNDO".

Tal como xa vos contarían @s nen@s estamos a traballar neste trimestre o proxecto das sete Marabillas do mundo,unha viaxe polo mundo : A grande muralla chinesa,o Taj Mahal na India,o Coliseo de Roma,Chichen Itzá en México,Macchu Pichu en Perú,O Cristo Redentor en Río de Xaneiro,Petra en Xordania e en negociación entre Susana e Xoán ,as pirámides de Gizeh,que parece que wikipedia nos as considera como tal...
Para empezar fixemos un mapamundi para situalas.Volvemos coa pintura.
PRIMEIRA SESIÓN MUS-e DE TEATRO.

O venres tivemos a primeira sesión do Programa Mus-e da Fundación Yehudi Menuhin en colaboración coa Fundación Paideia e o AMPA do cole Ría do Burgo,do que xa vos informamos antes do Nadal.Ramiro ,o especialista de Teatro falounos do respecto a nós e aos demáis,fíxonos presentarnos e xogamos con él.Estamos ansiosos por continuar...
PLANTACIÓN DE AMORODOS NO INVERNADOIRO.

Aínda que estamos atarefados co Proxecto das "Marabillas do mundo",co Día da Paz e cos cadernos de grafo e mate,máis o libro da Eiruga Larpeira (xa vedes que empezamos con marcha...),aparte da mudanza temporal do recreo,tivemos tempo para ir plantar ao invernadoiro os amorodos que por suposto comeremos en primavera con algunha argallada de masterchef que se lles ocurrirá a Susana e Xoan.
CUMPLES DE ADRIÁN FERNANDEZ,GAEL HEVIA E MELANIE.

Retomamos o traballo neste 2017 e xa temos tres cumples : dous na clase de Susana e un na de Xoán.Felicidades aos tres.

Contos Familias Semana do Libro 2024

 Nai e padriño de Juan de 5 anos B.