viernes, 21 de diciembre de 2018

NADAL 2018.

Por fin,hoxe foi o día no que viñeron os Reis Magos!
Primeiro  recibímolos na porta do cole porque viñeron nunha limusina rosa,logo fomos ao ximnasio onde lles cantamos a canción "Os pitiños..." que levábamos ensaiando un mes.
Para merendar tomamos chocolate con churros  logo tivemos o Cotillón na aula de Música con champín,gusanitos en vez de uvas e baile.
Faltounos ir mercar as zapatillas a Betanzos,pero tiñamos hora de volta a casa...

jueves, 20 de diciembre de 2018

ENSAIOS BAILE REIS MAGOS.

Esta semana estamos moi atarefados cos preparativos do Nadal,como o ensaio da panxoliña "Os pitiños.." que imos representar aos Reis Magos o vindeiro venres.

martes, 18 de diciembre de 2018

CONTOS MESTURADOS.

Unha vez ao trimestre facemos unha mestura de nen@s,profes e contos que elixen os propios nen@s  e logo imos as clases a que no lo conten no Plan Lector.
VISITA DE PAPÁ NÖEL.

Hoxe visitounos Papá Nöel no cole e  agardámolo no andar de Infantil  para recibir os noso agasallos porque chovía ,así tivemos ocasión de velo máis de preto.
ADORNOS DE NADAL.

Xa decoramos coas bolas que nos mandaron de deberes o andar de Infantil,pero queda poñer a Árbore de Nadal e o Belén para recibir a Papa Nöel e Os Reis Magos,para o que estamos a ensaiar unha panxoliña...(continuará).

miércoles, 12 de diciembre de 2018

ÁRBORES DE OUTONO.

Non todo é festa,estamos a traballar as portadas das fichas que fixemos este trimestre. Estas semanas fixemos unhha árbore de Outono con bastonciños e corchos.
CUMPLE DE LUCAS E YARA.

Remata o ano e quedan menos nen@s de 2 anos no cole. Este mes cumplen os tres anos ,Lucas e Yara, da clase do profe Xoán. Parabéns aos dous!

jueves, 29 de noviembre de 2018

CONTOS DE QUINTO E SEXTO.

Os  a martes e os  xoves @s nen@s de quinto e sexto de Educación Primaria léennos un conto da Biblioteca no Plan Lector.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

SAÍDA FUNDACION ABANCA.

Hoxe fixemos a nosa primeira excursión en bus á Fundación Abanca,onde Ruth e Laura ensináronnos cadros con música e fixemos un Obradoiro de pintura escoitando e bailando con elas.Nin que dicir ten que o que máis nos gustou foi subir no ascensor de cristal!

martes, 20 de noviembre de 2018

DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NEN@.

Hoxe celebramos no cole o Día da Infancia ,para o que fixemos un mural na entrada princial do centro onde penduramos un paracaídas coas nosos fotos.

jueves, 15 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS.


Cada mes tódolod nen@s de Educación Infantil,cambiamos de clase,mesturámonos e facemos un Obradoiro de Cociña,Experimentos e Arte feito por outro profe diferente ao noso.
Esta seman tocóulle aos de tres o Obradoiro de Experimnetos con Imanes,feito polas profes Belén e Aurora.
Xa vedes que ben nolo pasamos.

lunes, 12 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018.

Como tivemos un día de bó tempo despois dunha semana sin saires ao patio,disfrutamos do Magosto cos nen@s maiores e facendo unha castaña con papeis (moito dificil  é recortar como podedes ver),visitando ao castañeiro e degustando as castañas ao sol,que necesitabamos xa vitamina D..

jueves, 8 de noviembre de 2018

DRAGONA RAMONA

Hoxe estivo na Biblioteca a Dragona Ramona, que vive na Biblioteca Municipal de Culleredo e nos conta historias cada vez que nos visita.Contounos o conto "Xa voooou!" da Editorial Bululú. Como vedes ,estivemos moi atentos.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

PLÁSTICA.A COR VERDE.
Pasado o Samaín, e a espera do Magosto,en Plástica experimentamos coa cor verde,sin mancharnos nadiña!

martes, 6 de noviembre de 2018

CUMPLE DE ROI.

En novembro cumple tres anos,Roi da clase do profe Xoán, e tróuxonos un biscoito que tomamos a sua saúde.Parabéns,Roi!!

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 2.

Hoxe foi o gran día,o noso primeiro Samaín no cole de maiores!
Aínda non nos afacemos as caras de medo,pero portámonos como nenos grandes  aturando todo o día:primeiro un conto de medo na Sá de Música,logo paseíllo para ver os postres terroríficos,teatro das nenas de sexto no Ximnasio e despois a canción e baile do Samaín no Patio dos maiores .
Axudaría a cantidade de pasteis que tomamos?

martes, 30 de octubre de 2018

MANOLITO.

E para traballar O Corpo Humano,nada mellor que un compañeiro novo que nos axuda co Samaín,con Exipto a aínda por riba non da moita conversación,come pouco e non quita os xoguetes!


A NOSA CARA .

Seguimos aínda así non sempre de festa e traballamos o Proxecto do Corpo Humano facendo a nosa cara na hora de Plástica.
SAMAÍN I.

Estamos a preparar o Samaín no cole,decorando  a porta,pintando cabazas,facendo mómias e ensaiando o baile. Esto último temos que traballalo un pouco máis con coreografía de  Cantajuegos,pero pouquiño a pouco..
OBRADOIRO DE COCIÑA .MASTERRCHEF 3.

A pasada semana fixemos un obradoiro de cociña en Educación Infantil facendo unhas galletas que,está mal que o digamos,pero saíronos moi boas.Repetiremos.
CUMPLES DE OMAR E PAULA.

No mes de Outubro na clase da profe Susana cumplen anos Omar e Paula,que celebramos comendo un rico biscoito.Parabéns aos dous!

viernes, 19 de octubre de 2018

PLÁSTICA.

Aproveitamos a hora de Plástica para facer cousas relacionadas co Proxecto do Corpo Humano,como pintar a nosa cara con pincel.A nosa cara nun papel,evidentemente...
PSICOMOTRICIDADE .

Coa profe Pilar os luns temos psicomotricidade no ximnasio.Por iso os luns durmimos máis...
CUMPLES DE ALMA E ANAÍS.

Esta semana de outubro tivemos os cumples de Alma e Anaís da clase do profe Xoán.Parabéns as dúas!!

miércoles, 17 de octubre de 2018

A MERENDA.

A media mañá,sobre as 11 h.,poñémonos a merendar cada día unha cousa diferente,coa mochila na cadeira para non amolar e o manteliño para non manchar.

martes, 9 de octubre de 2018

CUMPLES DE SERGIO,MARTINA E DYLAN.

E como non podía ser menos,escomezamos a temporada de cumples cos de Sergio ,da clase do profe Xoán ,e Martina e Dylan ,da clase da profe Susana.,que xa teñen os tres anos. Parabéns aos tres!!
AO CHEGAR AO COLE...

O primeiro que facemos é poñer a mochila e o abrigo no percheiro,cousa que ás veces non é tan doada...
OS PRIMEIROS DÍAS.

Xa pasamos o temido Período de Adaptación(tampouco foi para tanto...) e xa podedes ver que adaptámonos perfectamente á dinámica do cole: rutinas de entrada,traballo,xogo,recreo,conto...
BENVID@S!!

Escomezamos unha nova travesía cos nen@s de tres anos,na que ao longo de outros tres iremos compartindo todo o traballo que facemos no Ceip Ría do Burgo en Educación Infantil.
Pretendemos con este blogue mantervos informados do que imos facer  e que vexades aos vosos fill@s disfrutar desta etapa de inicio ao cole.
Grazas por adiantado,Susana e Xoán.

domingo, 24 de junio de 2018

DESPEDIDA.

Como todo ten o seu fin ,sin poñernos filosóficos, non nos queda máis que despedirnos de tod@s,nen@s e pais/nais,agradecéndovos a vosa participación e implicación na Educación
dos vosos fillos.
 Non nos cabe dúbida de que os nen@s en Primaria van a responder igual que o fixeron en Educación
 Infantil.
Agora empezan unha nova travesía,tampouco tan diferente,na que eles sós van a empregar as estratexias que empezaron en Infantil. : de facer palotes e dos pises ata levar libros e escribir e debuxar cómics só pasaron tres anos...

BOA SORTE A TOD@S!!
SAÍDA FIN DE CURSO Á  GRANXA DE BELELLE.

Tras moitas vicisitudes ,este mes tivemos a excursión de fin de curso á Granxa de Belelle,onde nos diviron en catro Obradoiros : cabalos,aves ,facer pan e horto.Nin que decir ten que nolo paasmos pipa,pero no bus de volta podedes ver as nosas caras e comparar coas de ida.

miércoles, 20 de junio de 2018

FOTO DE GRUPO.

Para facer a Orla  de Fin de Curso tivemos que posar moitos días en diferentes escenarios,con moitas faltas de nen@s por enfermidade,cos profes baixando a carreira...non sabemos como faría Velázquez coas Meninas,francamente...
XORNADA DE XOGOS NO PARQUE DE ACEA DA MÁ.

Como tódolos anos, no mes  Xuño  todos os ne@s de Educación Infantil van ao Parque anexo á Laboral acompañados dos profes para facer unha Xornada de Xogos: corda,sacos,relevos,pano,paracaídas...volvemos derrotados.
FESTA ENCHENTA FIN DE CURSO.

Apuramos os derradeiros días de Infantil cun marathón de celebracións.Hoxe tivemos unha das merendas máis pouco sáns que poidamos imaxinar para disfrute e deleite de todos.

lunes, 18 de junio de 2018

AGASALLOS ILLA FANTASÍA.

A pesares do disgusto pola suspensión da Festa de Illa Fantasía,nós os de cinco anos acdamos o noso unicornio por empezar a ler e tamén unha varita que nos regalou o Mago Alfa,así que ,como di o refrán..mais vale paxaro en man...
CUMPLES DE ANDREA,JADEL,BRAIS,GAEL,ÁLVARO,ALONSO E AROA.

Xa para remataren os cumples de Infantil,celebramos o cumple de Jadel, de Susana e Andrea de Xoán que cumplen en xuño, e os de Aroa e Alonso,da clase de Xoán,e Álvaro,Gael e Brais que cumplen en Xullo
Parabéns aos sete!!

jueves, 14 de junio de 2018

OBRADOIRO DA LONXA.

Como en Entroido fomos disfrazados de mariscador@s e peixeir@s,pedimos a Consellería do Mar que viñeran a explicarnos como se pesca o peixe e o marisco e como podemos comelo.Tamén aprendimos a coidar o Mar limpándoo de lixo coa asuda de Luis e Mariña.


martes, 12 de junio de 2018

DESPEDIDA DA PROFE MIRIAN.

Como xa se incorpora a profe Pilar ,despedídomonos da Profe Mirian que foi o noso apoio desde decembro.
A pobre tivo que sufrir a pena do telediario no andar de Infantil...


ENSAIOS FESTA ILLA FANTASÍA.

Etamos a ensaiar o baile Kumananá para a Festa de Illa Fantasía en Gandarío o vindeiro venres.

domingo, 10 de junio de 2018

martes, 29 de mayo de 2018

PLANTACIÓN DE TOMATES E PEMENTOS NO INVERNADOIRO.

Como tódolos anos imos plantar ao invernadoiro os semilleiros que facemos na clase,neste caso de tomates e pementos.

lunes, 28 de mayo de 2018

XOGANDO AO XADREZ.

Estamos a xogar cun xogo medieval como é o Xadrez. Xa cansamos da Oca e do Parchís!
VISITA A PRIMEIRO.

Dentro da adaptación a Primaria,fomos de visita a clase da profe Bea, e alí os nen@s axudáronnos a que nos afagamos para o ano a clase de maiores.

miércoles, 23 de mayo de 2018

VISITA BRÚXULA.

Hoxe veu a Bruxa Brúxula na sua derradeira visita antes da Festa do 15 de maio en Gandarío.Fixemos un  burancandaun  para recibir ao Dragón o dia da Festa.
NENOS DE PRIMARIA.

Despois de tres anos de espera por fin xa podemos vir sin mandilón,temos estoxo como maiores e poemos traer cromos e xoguetes  á escola sin que haxa problemas...
Tamén temos cambios nas rutinas da aula,escribimos e lemos,facemos debuxos,traballamos sós e por suposto tamén temos cambios na aula,con mesas como nen@s de Primaria.
Velaí a nosa sorpresa cando o vimos...
CUMPLE DE VALENTINA E LAURA.

Este mes na clase do profe Xoán cumplen tamén os 6 anos Valentina e Laura.Parabéns as duas!!

miércoles, 16 de mayo de 2018

CLASE DE MÚSICA II-Susana.


CONCERTO DE MIGALLAS.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas,todo o colexio foi ao Auditorio da Universidade Laboral para asistir ao Concerto do grupo Migallas acompañados no traxecto polos nenos de quinto e  terceiro de Primaria.Nin que dicir ten que os nen@s o pasaron fenomenal.Literalmente.

viernes, 11 de mayo de 2018

A CATEDRAL DO MAR.

Como estamos a estudiar a Idade Media este trimestre,fixemos do andar de Infantil que nos corresponde (os marcos son os marcos...)unha decoración medieval mesturando castelos e catedrais.
CUMPLE DE ALBA.

Na clase de Susana esta semana cmpliu anos ,Alba.Parabéns ,Alba!!

LETRAS GALEGAS 2018 I.

E como tamén estamos preparando una coreografía,velaí vai unha de ensaios..






CONTACONTOS "AXENTE RICIÑOS".

Preparámonos para as Letras Galegas e viñéronnos conta o conto de "Axente Riciños" o contacontos Iago para todo Infantil ...
PREPARANDO A FESTA DE ILLA FANTASIA EN GANDARÍO.


Aínda temos tempo para preparar a Festa que imos celebrar o 15 de maio en Gandarío dentro do Proxecto Illa Fantasía con outros colexios.

viernes, 4 de mayo de 2018

jueves, 3 de mayo de 2018

CHARLA SEPRONA.

Hoxe estiveron no colexio os axentes da unidade do Seprona da Garda Civil que nos explicaron o que fan para prever incendios e coidar a Natureza.Logo subimos as patrullas motorizadas que trouxeros ao cole.

lunes, 30 de abril de 2018

ILLA FANTASÍA NO PASEO DA RÍA DO BURGO.

E aproveitamos tamén para facer unha enrededadera con cintas de cores dentro das tareas que nos manda a bruxa Brúxula do Proxecto Illa Fantasía.
PLANTACIÓN RÍA DO BURGO.

Como tódolos anos  imos plantar ao Paseo da Ría do Burgo dentro do Proxecto Voz Natura,un carballo por clase...

martes, 24 de abril de 2018

MUS-E  IV.

Xa estamos acabando co Proxecto Mus-e este ano, e esta semana tivemos Artes Plásticas e Música  os de Xoán e  Teatro os de Susana.

CONTO DÍA DO LIBRO.

En Educación Infantil celebramos tamén o Día do Libro contando un conto os profes remexendo aos nen@s,que tiñan que elixir un conto sin saber quen o contaba,para logo iren as clases na hora do Plan Lector.
O PADRIÑO III.

Para conmemorar o Día do Libro 2018,no cole un nen@ maior apadriña un nen@ pequen@ e cóntalle un conto no patio do centro.
ILLA FANTASÍA III.

Esta semana tivemos outra visita da Bruxa Brúxula, que nos preparou un shushi de aguacate e nos propuso novos retos .

martes, 17 de abril de 2018

CUMPLES DE NATALIA,NOA E IKER.

No mes de abril cumplen anos: Natalia e Iker da clase de Xoán ,e Noa da clase de Susana.
Parabéns aos tres!!
CONCERTO DIDÁCTICO "PEQUENO CIRCO AMBULANTE".

Seguindo coa Música,que non sempre amansa as feras,fomos ao Pazo da Ópera na Coruña,onde asistimos con outros colexios a representación da obra "Pequeno Circo Ambulante".
OBRADOIRO DE RECICLAXE.

Tamén tivemos dentro das actividades ofertadas polo Concello de Culleredo,un obradoiro de reciclaxe no que aprendimos a reutilizar os envases de vidrio.
CONCERTO DIDÁCTICO ALADDÍN.

Enfilamos o fin de curso con moitas actividades. A pasada semana tivemos no Conservatorio  a obra musical "Aladdín".
CLASE DE MÚSICA.

Os nenos de cinco anos temos novo profe de Música,Jose,que como vedes lévanos moi ben aínda que estemos un pouco alterado pola primavera,que o sangue altera...

martes, 10 de abril de 2018

viernes, 6 de abril de 2018

CUMPLES DE SIRA,SARA E MARCO.

Entre marzo e abril temos o groso dos cumples da clase do profe Xoán:Sira,Sara ,Marco (Continuará).Parabéns aos tres!!

MUS-  e FAMILIAS.

Este ano tamén tivemos a Xornada de Portas Abertas do Programa MUS- e,no que aos da clase do profe Xoán tocóulles Música con Ruper e aos da clase de Susana,Teatro con Ramiro e Artes Plásticas con Luisa.

martes, 13 de marzo de 2018

FACENDO SLIME.

Como estamos co Proxecto da Auga ocurréusenos facer Slime cos nen@s ,con resultados dispares e un pouco de stress acumulado do profe Xoán.
Mus- e  III.

Esta semana tocou Teatro e Artes Plásticas aos de Xoán , e Música aos de Susana.
PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN.

Como xa sabedes o centro está a participar no Programa Aliméntate Ben,na modalidade de Froitas Frescas.Xa vedes a fame que temos...mazá,pera,amorodos,plátanos..

jueves, 8 de marzo de 2018

IILA FANTASÍA II.

Seguimos coas visitas da bruxa Brúxula dentro do Proxecto Illa Fantasía.Esta vez o Mago Alfa nos propón o reto de escalar aos Tres Picos do Dragón.
CHARLA SOBRE OS INCENDIOS.

Como xa sabedes estamos a estudiar o proxecto da Auga, e contamos coa colaboración dos pais de Pelayo,da clase do profe Xoán,para falarnos do lume e como se apagan os incendios.

lunes, 5 de marzo de 2018

Mus-e II.

Continuamos coas sesións Mus-e. Esta semana tócalle Teatro e Artes Plásticas aos de Susana, e Música aos de Xoán.
DÍA DE ROSALÍA.

Con todo o colexio celebramos o Día de Rosalía recitando un poema composto pola profe Luz  e cada un o seu verso.Fixémolo moi,pero moi ben.

jueves, 1 de marzo de 2018

CUMPLE DE MARTÍN.

Hoxe cumpliu anos Martín,da clase do profe Xoán.Felicidades!.Aproveitamos para facer o photocall de Darío porque houbo unha limpeza de fotos  anticipada no cumple de Darío...

miércoles, 28 de febrero de 2018

MUS-e  2018.

Este ano ,como o ano pasado participamos no Programa Mus-e,coa novidade de ampliaren cursos e tamén disciplinas,poi aparte de Teatro con Ramiro ,temos Artes Plásticas con Luisa e Música con Ruper.
TEATRO "A NENA E O GRILO".

O pasado venres fomos a representación da obra "A nena e o grilo" da Compañía Magín Blanco.Velaí vedes como estivemos.
CONTOS DE SEXTO.

Os nenos de sexto de Primaria da profe Maribel veñen os xoves a contarnos un conto como fixeron en tres e catro anos.
CUMPLES DE RUBÉN,DARÍO E LUIS.

O mes de febreiro ten moitos aniversarios.Un na clase de Susana,Rubén , e dous na de Xoán,Dario e Luis.Parabéns aos tres!!

domingo, 11 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018.

Despois dunha semana cos mandadiños do Entroido,sin pisar a clase e MOOOOITOS ensaios,por fin celebramos o Entroido no pavillón do cole. A verdade é que nos portamos xenial pero nos dá que algún non se vai adicar á farándula...
CUMPLE DE YAIRA.

Este mes temos moitos cumples.Hoxe tocou o de Yaira,da clase do profe Xoán.Parabéns,Yaira!!

martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2018.

Se achega o entroido e a primavera que o sangue altera,pero antes ven o día da Paz que este ano seguimos celebrado con mans na árbore que temos no hall de Infantil e bailando a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan".
Este ano como novidade escribimos no patio de Primaria a frase "Queremos Paz" e a grabamos desde o aire cunha cámara facendo nós de letras.
ILLA FANTASÍA.

Seguimos a recibiren cartas desde Illa Fantasía,propoñéndonos retos.Esta vez foi o gobernador da Illa que nos pedíu unha foto cunha estrofa da cancion "Celebra la vida" para que lla mandemos e que fagamos un pau de chuvia con tea vermella con mensaxes  para o Día da Paz.
Tamén recibimos a segunda visita da bruxa Brúxula que nos agasallou cunha constelación de letras e nos animou a seguiren aprendendo a ler.
VISITA AO ACUARIUM  FINISTERRAE.

Como xa sabedes estamos a estudiar A Auga,polo que programamos para este mes de Xaneiro,no que a entrada é gratuita,a visita ao Acuario da Coruña,onde aprendimos moitas cousas do Mar ,do coidado que temos que ter con él e  dos animais que viven nel.Moitas grazas as monitoras que nos acompañaron porque ese día foi moi duro pola afluencia de visitas que tiveron.

lunes, 22 de enero de 2018

PLANTACIÓN DE AMORODOS.

Xa é un clásico a plantación de amorodos no cole.Velaí vai a do 2018.
CUMPLES DE MELANIE,ADRIÁN E GAEL.

Encaramos o noso derradeiro ano en Infantil e como non podía ser menos,celebramos os cumples dos maiores das clases: Adrián e Gael na de Susana, e Melanie na de Xoán.Parabéns aos tres!!

Cumples de marzo.

 4 anos 5 anos Sabela da clase da profe Uxía e Elian,Daniela e Meghan da clase do profe Xoán.