sábado, 21 de diciembre de 2019

miércoles, 18 de diciembre de 2019

PREPARADOS PARA O NADAL


Nerviosos polo tempo,as vacacións e as prisas de fin de ano,esta semana recibimos a Papá Noel e ensaiamos  recibimento aos Reis Magos coa Panxoliña "Un muñeco de nieve"co resto de Educación Infantil e a profe de música,Anaisy.


jueves, 12 de diciembre de 2019

OS PITIÑOS.

Despois de varios intentos infructuosos o ano pasado,este ano acadamos que na incubadora do Clube da Ciencia e do Equipo de Dinamización do Horto Escolar do cole,naceran  pitiños.


EXPOSICIÓN "NUESTRO PLANETA,NETFLIX"

Hoxe fixemos unha visita a Sé da Afundación Abanca para ver a exposición "Nuestro Planeta,Netflix" xa que estamos a traballar sobre o cambio climático.Poidemos ver diferentes medios e os animais que os habitan,así como facer un obradoiro de reciclaxe.

martes, 10 de diciembre de 2019

DÍA DA INFANCIA E DÍ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Esta semana celebramos no cole o Día da Infancia,no que fixemos unha torre de caixas no que escribimos un dereito dos nen@s ,no noso caso "Solidariedade" e "Alimentación", e no Día contra a Violencia de Xénero,un mural coas mans pintadas en violeta onde pusimos a palabra "Respecto".
CUMPLE DE NOVEMBRO.

Este mes de novembro cumpliron anos,Roi, da clase do profe Xoán, e Marcos,da clase da profe Susana, e fixeron brocheta de foitas con chocolate,receita sá pero de aceptación variada entre os paladares. Parabéns aos dous!

lunes, 18 de noviembre de 2019

DRAGONA RAMONA.

Hoxe estivo a Dragona Ramona da Biblioteca Municipal de Culleredo contándonos o conto "Cómo encender un Dragón  apagado" a tódolos nen@s de Educación Infantil.

martes, 12 de noviembre de 2019

AULA DE TEATRO.

Como veredes estamos aínda máis integrados no novo sistema pedagóxico que os profes porque sabemos o horario  e imos con moita soltura dunha aula a outra e facemos os cambios en cada unha.
Na aula de teatro,a Verde,representamos os contos aos compañeiros entre cambio e cambio.
OS PITIÑOS...


Este luns agardábanos unha sorpresa no cole.Na fin de semana naceran os ovos de galiña que puxeramos na incubadora, e naceron todos!
MAGOSTO 2019

Este ano o Magosto veu pasado por auga polo que non poidemos nin iren de excursión a Celas nin celebralo no Patio do cole,polo que collimos as castañas do castañeiro e degustámolas na clase, pero ,iso sí con gaiteiros como manda a festa!

domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN 2019.

Esta semana celebramos o Samaín no  Cole Ría do Burgo. Primeiro decoramos a porta da clase,logo trouxemos cabazas para decorar o andar principal,viñemos disfrazados e bailamos a canción do Samaín .algun co ritmo de Rock,e, por suposto,degustamos moitos,pero moitos, postres terroríficos.

jueves, 24 de octubre de 2019

CUMPLES DE OUTUBRO.

Esta semana,antes do Samaín,celebramos os aniversarios dos nados en Outubro:Alma,Anaís e Sergio da clase do profe Xoán, e Omar,Dylan e Paula da clase da profe Susana.Fixemos pizza na cociña do cle e logo a saboreamos na clas cos nosos compañeir@s.

lunes, 21 de octubre de 2019

AULA DE TEATRO.

Como xa sabedes,a aula verde é a de Teatro onde facemos as creacións de Expresión Oral e Escrita.Entre cambio de equipos facemos unha pequena representación para o público,neste caso Cocorico e Carapuchiña Vermella (no caso da bolsa de Zara de Carapuchiña é porque no atrezzo non había cestiña...)

miércoles, 2 de octubre de 2019

TEMA DA PDI DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2019-20.

Como o ano pasado Exipto, todo o cole traballa un tema integrado no PDI (Proxecto Documental Integrado) da Biblioteca Escolar. E para iso pretendemos promover a curiosidade dos nen@s do cole.Por iso apareceu na clase unha caixa con fotos dos Efectos do Cambio Climático.
ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO.

Outra das novidades deste curso é que facemos os cumples as dúas clases facendo unha receita na cociña do cole (este trimestre toca biscoito),para logo compartila cos nos@s compañeir@s na clase. Tamén os  cumpleañeiros levamos un agasallo feito por todos na Aula de Arte.
COLLEITA DO 2015.

Aproveitando que estamos en Outono,fixemos unha vendima caseira e puxémonos a facer mosto coas mans e algún pé,limpo,por suposto.

martes, 1 de octubre de 2019

INICIO DE CURSO.

Despois dun longo verán,volvemos a clase con novos amig@s ,moitas aulas e nova metodoloxía.
Estamos adaptándonos ao baile de clases con moita circulación polo andar de Infantil,pero xa temos formados os nosos Equipos de traballo e todo vai indo como tiña que ir.
Resumindo moito hai catro contextos que son as catro aulas de 4 e 5 anos : cada unha ten unha cor.
A primeira hora da mañá estamos na nosa aula de referencia,onde facemos as Rutinas: a de Susana é a verde e a de Xoán é a Vermella.Alí pasamos lista,poñemos o tempo e eleximos encargado. Todo un clásico!
Logo ven o guay. Seguindo un horario de cores imos pasando polos catro contextos: Teatro, a clase verde,A Casiña,clase vermella, Xogos , a clase azul e Arte,a clase amarela.Ao longo da semana pasamos polo menos dúas veces por cada un dos contextos. Os de catro anos imos unha máis a de Arte e a de Xogos,os de 5, tres veces á semana a de Teatro e Casiña.
Ata aí,sin problema ,menos para cando ven Alfredo ,o conserxe, a buscarnos..
Pero aí non acaba a cousa.Dentro de cada contexto hai catro Rincones,sí,todos distintos!
No  contexto de Casa- Pobo ( Aula Vermella ) están o Super,a cociña,a oficina e o taller, e se traballan conceptos lóxico-matemáticos sempre de maneira manipulativa..Xa veredes cando vos fagan a lista da compra!
No de Teatro ( Aula Verde ) se traballan a expresión oral e escrita, e hai os rincones de teatro,imprenta,proxecto e puzzles de letras.Alí faremos as obras de Teatro e as representaremos.Si saen cos zapatos cambiados  e cousa do oficio...
No de Xogos ( Aula Azul ) estarían os rincones do Proxecto do cole e de Infantil ao longo do curso,o de Informática ,o de xogos e o de puzzles e ciencia.Aquí están os Legos e os coches!
Por último,estaría o contexto de Arte( Aula  Amarela ),con mandilóns, que non cunda o pánico,onde están os rincones de arte,proxecto do artista,modelado e  xogos sensoriais. Para os que carecen de Fé xa veredes as fotos, e para o resto as lavadoras tamén teñen que traballar.
Tódolos nen@s pasan polos currunchos dentro dun Equipo que non varía nun trimestre.Cada un ten nome de animal, para que coincida co tema da Biblioteca e o Proxecto de Infantil.Na clase de Susana serían os Equipos Abella,Cabalo,Balea e Dinosaurio .Na clase de Xoán son os Equipos Lobo,Peixe,Bolboreta e Hipopótamo.Salientar que tódolos Equipos foron votados polos nen@s .
Aparte de todo isto,temos as especialidades de Inglés coa profe Mercedes,Música coa profe Anaysi,Psicomotricidade coa profe Luz e relixión coas profes Eva e Any,aparte claro está do tempo  da merenda ( froita-bocata..)  e por suposto o recreo.
Isto só é o principio... (CONTINUARÁ)



jueves, 4 de julio de 2019

ATOPANDO INFORMACIÓN DE EXIPTO NA BIBLIO.


Como xa sabedes estivemos estudiando Exipto no derradeiro trimestre,e agora veredes o que fixemos  na biblio para atopar información ...


https://drive.google.com/file/d/1bOin-vmB63IN1vwY24nqVsTHMqRCkT2_/view

jueves, 20 de junio de 2019

FEIRA DA CIENCIA 2019.

Hoxe celebramos a I Feira da Ciencia no Ceip Ría do Burgo,onde presentamos os experimentos que fixemos aos nen@s do cole ao longo do ano aos pais/nais e vimos varias exposición do mundo das abellas,do mar,de robótica,e  alimentación  saudable,e por suposto,saltamos nun inchable,para non perder o costume!

lunes, 17 de junio de 2019

FESTA FIN DE CURSO NO PARQUE DE ACEA DA MÁ.

O pasado venres tódolos nen@s de Educación Infantil fixemos unha saída ao Parque de Acea da Má onde disfrutamos dun día de campo con inchable,obradoiro de maquillaxe e xogos.
Pasámolo xenial!!
(cansámonos moito)
EXPOSICIÓN DE EXIPTO E PASAPALABRA.

Rematando o cole ,e antes da Feira da Ciencia do xoves,fomos á Biblioteca a visitar a exposición de Exipto e xogamos ao Pasapalabra.

lunes, 3 de junio de 2019

CUMPLE DE AMANDA.

O derradeiro cumple no curso é o de Amanda,da clase da profe Susana.Parabéns,Amanda!

viernes, 31 de mayo de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA TERCEIRO TRIMESTRE.

Esta semana fixemos o derradeiro obradoiro de cociña que lle correspondeu as profes Mónica e Miriam.Fixemos pizza!!

jueves, 16 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019.

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no pavillón todo o cole, e nós bailamos "A saia de Carolina" en versión rap.Tamén déronnos un premio por participar no concurso da frase  en galego que organizou o EDLG do cole : "Nunca choveu,que non escampara".





jueves, 9 de mayo de 2019

OBRADOIRO DE PLÁSTICA TERCEIRO TRIMESTRE.

E para rematar,coas profes Aurora e Belén,fixemos papiros exipcios que foi un dos retos que nos puxo Drilo,o cocodrilo nunha das suas cartas.
XOVES DA CIENCIA : 1º de Primaria.

Hoxe no recreo os nen@s de Primeiro explicáronos varios experimentos con auga parecidos aos que fixemos nós.
CUMPLE DE MARTINA.

Hoxe celebramos o cumple de Martina,da clase do profe Xoán , e comimos pastel de chocolate coa merenda. Parabéns ,Martina!!

miércoles, 8 de mayo de 2019

CUMPLE DE BRUNO.

Hoxe estivo de cumple,Bruno ,da clase do profe Xoán, e trouxo un biscoito que causou furor,sobre todo co bocata que viña despois.parabéns,Bruno!!
CONCERTO DE PACO PAKOLAS E MERO IGLESIAS.

Co gallo do Día das Letras Galegas,no ximnasio do cole tivo lugar un Concerto de Paco Pakolas e Mero Iglesias para os nen@s de Educación Infantil e Primaria.
Pasámolo xenial!!

viernes, 3 de mayo de 2019

XOVES DA CIENCIA CON 3 ANOS.

Este xoves os nen@s de 3 anos explicaron os seus experimentos aos maiores na hora do recreo no hall de Primaria.


martes, 30 de abril de 2019

O NOSO LIBRO.

Tamén para celebrar o Día do Libro fixemos na cas un debuxo e escribimos o libro que máis nos gusta.
ATOPANDO INFORMACIÓN DE EXIPTO.

Como xa sabedes,este derradeiro trimestre imos estudiar o Proxecto de Exipto,coincidindo co tema que se traballou este ano na Biblioteca do cole, epara iso fomos a atopar animais de Exipto que nos servirán para unha actividade ...(CONTINUARÁ).
DÍA DO LIBRO 2019.
 Xa é un clásico no cole,o Día do Libro un nen@ maior apadriña a un pequeno,e no Plan Lector,despois do recreo cóntalle un conto que nós escoitamos moi atentos.

jueves, 25 de abril de 2019

OBRADOIRO DE CIENCIAS  CON AUGA.

Despois das vacacións,encaramos o fin de curso con máis enerxía,e como estamos en Abril ,augas mil,fixemos un Obradoiro de experimentos con auga:o submarino,a fonte de auga,a vela,a pementa que fuxe e a tinta que sube.
Para a semana temos que explicarllelos aos maiores do cole nos Xoves da Ciencia que facemos nos recreos!!

miércoles, 10 de abril de 2019

CONCERTO RAICES NO PAZO DA ÓPERA.

Este mércores antes das vacacións de Semana Santa,fomos tódolos nen@s de Educación Infantil ao Pazo da ópera da Coruña a un concerto do grupo de percusión Dúas,co seu espectáculo "Raíces",ambientado nas tribus africanas.

lunes, 8 de abril de 2019

OS PITIÑOS.

Aínda que non sempre se cumple o método científico coa incubadora,non poidemos deixar aos nen@s sen a ilusión , e garzas ao pai de Adrián,fixemos de pais adoptivos dun pitiño ao que aínda temos que  poñer nome.

jueves, 4 de abril de 2019

PLANTACIÓN DE AMORODOS E TOMATES.

Tamén tivemos tempo para plantar cos nen@s de Primeiro e catro anos,tomates e amorodos no invernadoiro.
CLUBE DA CIENCIA-1

Hoxe @s nen@s de sexto e quinto fixéronnos unha demostracion de varios experimentos científicos:a luz e a cor,piano de froita e obradoiro de momificación. Continuará...

miércoles, 3 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO.

O pasado martes ,celebramos no cole o Día Internacional do Autismo e fixemos tódolos nenos o signo do infinito para coñecer máis sobre esa enfermidade.

lunes, 1 de abril de 2019

FROITAS FRESCAS!


Dentro do Programa Alimenta-t Ben coa colaboración de Gadis,Xunta de Galicia ,Fogga e  a Comisión Europea ,o cole participa no Programa Foita na Escola no que a hora  do almorzo podemos tomar amorodos,plátanos,mazás e arándanos.
PIRÁMIDE EXIPCIA.

Estamos a decorar o colexio como si fora Exipto,polo que fixemos unha pirámide no andar de Infantil que nos tocou pintar.

viernes, 29 de marzo de 2019

OURIZO EN ARXILA.

En plástica ,e como estamos a estudiar os animais,fixemos un ourizo de arxila con pauciños,que logo pintamos.
OBRADOIRO DE CIENCIA SEGUNDO TRIMESTRE.

Hoxe os nen@s de tres anos tiveron un Obradoiro de experimentos coas profes Mónica e Miriam,onde observaron un globo inflado sin aire,o disco de Newton,un volcán e a tinta invisible.
Nin que dicir que aparte do científico ,pasárono bomba!

miércoles, 27 de marzo de 2019

VISITA DE MALIBÚ.


A pasada semana veu ao cole un canciño chamado Malibú que con Adriana da Granxa de Xanceda fíxonos coincienciar da adopción responsable de mascotas.
CUMPLES DE MARZO.

En marzo cumplen anos Adrián,Matilde e Iván, da clase do profe Xoán e Noemí ,da clase da profe Susana.Parabéns aos catro!!


jueves, 14 de marzo de 2019

 CLUBE DA CIENCIA : INCUBADORA DE OVOS.

No centro participamos no Clube da Ciencia estudiando como nacen os pitiños nunha incubadora.Agora toca esperar,si podemos,21 días.
OBRADOIRO DE COCIÑA.

Como xa sabedes cada trimestre mesturamos aos nen@s e aos profes e facemos un obradoiro de Cociña,Experimentos e Plástica. Este trimestre tocóulles aos de tres anos o de Cociña,coas profes Belén e Aurora.
CONCERTO DIDÁCTICO.

Este mércores,tódolos nen@s de Educación Infantil e Primeiro e segundo de Educación Primaria,fomos ao Edificio de Servicios Múltiples do Concello para  escoitar un concerto Didáctico titulado "Conto para escoitar mentres bailamos un vals".




CUMPLE DE ÓSCAR.

No mes de marzo cumplen vari@s nen@s os catro anos na clase do profe Xoán. O primeiro é Oscar.Parabéns,Óscar!!

miércoles, 27 de febrero de 2019

ENTROIDO 2019 I.

Este ano celebramos o entroido no centro co tema de Exipto.Temos os mandadiños e os ensaios do Festival polo de agora...
CUMPLE DE JIMENA.

En febreiro cumple anos Jimena, da clase de Susana. Parabéns,Jimena!!

martes, 19 de febrero de 2019

TEATRO  CONCELLO : "A verdadeira historia dos tres Porquiños".

Este martes tódolos nen@s de Educación Infantil fomos a Escola Superior de Música do Concello de Culleredo, a ver a obra " A verdadeira historia dos tres porquiños" da compañía Teatro del Andamio.
CHOCOLATADA SOLIDARIA.

O pasado venres o AMPA e o centro fixeron unha Chocolatada Solidaria para recaudar fondos para investigar no Día contar o Cancro Infantil.

DEBAIXO DUN BOTÓN...

Cando chove e cando facemos Psicomotricidade coa profe María , imos ao ximnasio, e como acabamos chorreando de suor,quitámonos o mandilón, e claro ,unha cousa leva a outra e temos que quitar e poñer o mandilón soíños..e custa!

domingo, 17 de febrero de 2019

CONTOS MESTURADOS.

Cada trimestre no Plan Lector os nen@s de Educación Infantil elixen un conto e van a clase do profe que o conta.
PLANTACIÓN NO PASEO DA RÍA DO BURGO.

Dentro do Programa Voz Natura no que participamos co proxecto " Planeta,verde,Planeta azul: cultivar,reciclar e reforestar IV ", este mércores todo o colexio,en duas quendas, foi plantar castiñeiros e carballos ao Paseo da Ría do Burgo. Agradecemos a colaboración ao Concellos de Culleredo, a Protección Civil e a Policía Local que nos acompañou en todo momento.

jueves, 31 de enero de 2019

OBRADOIRO DE PAPEL MACHÉ.


Cada trimestre mestúranse os nenos de Educación Infantil e fanse Obradoiros de Plástica,Experimentos e Cociña cos profesde Infantil.
Este trimestre tocóulle aos de 3 anos un obradoiro de papel maché con Susana e Xoán.
DÍA DA PAZ.

Imos celebrar o Día da Paz o vindeiro 30 de Xaneiro ensaiando unha canción de John Lennon e decorando unha pirámide que temos no andar principal do cole con mensaxes de Paz.Tamén imos tomar palomitas da Paz despois da canción para repoñer forzas...
SAÍDA TEATRO AFUNDACION "BURBULLAS DE PAPEL".

Hoxe saímos de excursión, a pesares das inclemencias atmosféricas,  a sé da Afundacion   na Coruña para ver ,todos os nen@s Infantil ,a obra "BURBULLAS DE PAPEL" da compañía Múcab Dans que combinaba danza,video e música.
A EIRUGA LARPEIRA.

En plástica e como estamos a traballar os animais,fixemos con piincel e coas mans unha eiruga como a do conto "A eiruga larpeira ", de Eric Carle.
CUMPLES DE MATEO E TOMÁS.

En xaneiro cumplen tamén 4 anos,Tomás e Mateo da clase do profe Xoán. Parabéns aos dous!!

viernes, 18 de enero de 2019

SERIE AZUL DE JOAN MIRÓ.

Aparte do Proxecto dos animais este trimestre estamos a traballar un miniproxecto sobre o pintor Joan Miró,por iso en plástica estamos a facer a serie "Azul".
FACENDO PAN.

Tamén facemos pan , pero ao xeito cómodo...
PLANTANDO AMORODOS.

Á volta das vacacións,máis maiores e descansados ata que veña o Día da Paz e o Entroido,poñémonos a traballar e plantamos os amorodos no invernadoiro para a primaveira.

Lecturas compartidas.

 E o martes 23 de abril @s nen@s de Primaria contaron contos no patio aos nen@s de Infantil, cadanseu co seu padriño lector. 4 e 5 anos.