viernes, 5 de febrero de 2016

SEMANA DO ENTROIDO.

Por fin chegou o día esperado,por nós e polos profes,viñemos disfrazados de esquiadores para non pasaren frío  no pavillón, e xa de paso aproveitamos, e antes tivemos unha enchenta.
Agradecer aos pais e nais a orixinalidade amosada nos disfraces dos pequerrechos., e tamén o participar na semana do Meco e traer as  larpeiradas.
Aí vai unha escolma de fotos de ensaios de coreografía,disfraces,comilonas...Bó Entroido e descansade.
Grazas por todo.

martes, 2 de febrero de 2016

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL.

Como estamos a estudiar os animais no proxecto do trimestre,na hora do conto atopamos na biblioteca o libro "O  artista que pintou un cabalo azul" de Eric Carle, e decidimos poñernos mans a obra como artistas que somos, e pintar nós tamén animais de outras cores diferentes as habituais.
PAPAVENTOS DO DÍA DA PAZ.
Como xa teredes notado,estas dúas semanas estivemos moi atarefados e estresados con celebracións e festividades varias.
 Comencemos polo principio : o 29 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz,e para iso fixemos e decoramos un Papaventos.
 Outra cousa e que voara...disto non hai constancia gráfica.

Fondue de chocolate.

 Hoxe,as calses de 5 anos A,3 anos A e 3 anos B fixemos ana aula azul unha Fondue de chocolate con froitas.