jueves, 17 de marzo de 2016

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO COLEXIO E DE CHÍCHAROS PARA O INVERNADOIRO.

Hoxe,como xa estamos preparados para as vacacións,plantamos todos os nen@s de infantil,dous castiñeiros ao lado da casiña pra que lles den sombra,e tamén na clase fixemos un semilleiro de chícharos para transplantar no invernadoiro.


martes, 15 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA E PAPEL MACHÉ.
 Aproveitando que se celebrou a  Semana da prensa,fixemos na clase un experimento...Deixamos por un tempo a pintura e adicámonos a escultura e o reciclado.Rachamos papeis de xornais en anacos moi pequenos,con gran disgusto de algún ao que lle estropeamos a lectura,e batimos coa minipimer a pasta resultante mesturada con auga. Así, co papel maché podemos facer figuras e tamén outra sorpresa..pero iso xa queda para a volta das vacacións... CONTINUARÁ.
MARCHA DE LEO.
 Esta semana pasada,tamén marchou Leo Coméndez,da clase de Xoán.Vaise para Canarias a vivir.Boa sorte,Leo!

CUMPLES DE YERAI E SIRA.

Erte mes andamos con moitos aniversarios.Esta semana tocóulles a Yerai,da clase de Susana ,e a Sira,da clase de Xoán.Parabéns aos dous!

Contos Familias Semana do Libro 2024

 Nai e padriño de Juan de 5 anos B.