jueves, 21 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO.
 Esta semana e a seguinte estamos a celebrar o Día do libro e o IV centenario da morte de Cervantes,polo que no colexio celebramos unha lectura colectiva na que os nenos maiores nos contaron un conto escollido por eles na hora do plan lector. A nós tocounos de narradores os nenos de sexto,das profes Charo e Maribel(e antiguos alumnos da profe Mila e Xoán...). Moitas grazas!

miércoles, 20 de abril de 2016

CONTACONTOS "O LOBO RIQUIÑO".

Hoxe tivemos antes do recreo unha sesión de contacontos ofertada pola editorial Anaya. O contacontos Iago,contounos o conto "O LOBO  RIQUIÑO".Non fai falta ver o ben que o contou e o atentos que estivemos.
PROXECTO MIRÓ.
Aparte do proxecto da prehistoria e das moitas actividades que imos facer antes de acabar o curso,tamén imos estudiar un artista chamado Joan Miró.Hoxe empezamos traballando o cadro "Cántico ao sol".Volvemos coas témperas...
CUMPLEANOS DE NATALIA E NOA.

Esta semana cumpliron anos Natalia da clase do profe Xoán e Noa da clase da profe Susana. Parabéns as dúas por facerse maiores!


Teatro de 4º de Primaria.

 @s nen@s de cuarto fixeron unha obra sobre o racismo aos nen@s de infantil na biblioteca.