sábado, 4 de febrero de 2017

NOVA COMPAÑEIRA NA CLASE DE SUSANA.

Á volta das vacacións de Nadal,incorporóuse na aula de Susana unha nova compañeira chamada Antía.Benvida!!
SEGUNDA SESIÓN DE TEATRO MUS-e.

Este venres tivemos a segunda sesión de Teatro con Ramiro.Aínda nos custa un pouco afacernos as normas que nos dicta,sobre todo a algúns...pero pasámolo moi ben.

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ.

Para celebrar o Día da Paz o 30 de Xaneiro estamos a preparar a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueira coa sua correspondente coreografía e un mural no hall de infantil con mans de cores sobre unha árbore moi reviravolta.
Como vedes a coreografía saliunos moi ben.
A volta á clase os nen@s de cuarto recitáronnos un conto adicado á Paz.
Un día completo

domingo, 29 de enero de 2017

ACTIVIDADE DE DANZA MUS-e CON XUS.

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión de Danza dentro do proxecto MUS-e  con Xus.
Primeiro entramos en silencio e na fila na aula de música,sentámonos en círculo e traballamos a espera e os desprazamentos polo espacio.
Pasámolo pipa ,pero xa sabemos que non  podemos facer o que queiramos.Para aprender hai que respetarse a un mesmo e aos demáis.

Contos Familias Semana do Libro 2024

 Nai e padriño de Juan de 5 anos B.