viernes, 17 de febrero de 2017

SESION  III DE DANZA MUS-e.

Estamos practicando pouco a pouco,e non sin dificultade(observade as cadeiras),as coreografías de Entroido e de Danza.Aínda así estamos cada día facéndoo mellor,e pese ao cansancio facemos esto:

jueves, 16 de febrero de 2017

NOME EN CHINO.

Tamén ,como xa sabemos todas as letras do alfabeto en maiúsculas,e parécenos pouco,aprendimos a facer o noso nome en chinés,con un pouco de axuda e moita imaxinación.
PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO PASEO DA RÍA DO BURGO.

Hoxe,todo o colexio,desde sexto ata os de tres anos,fomos, coa Policía Local e Protección Civil,a plantaren 20 castiñeiros no Paseo da Ría do Burgo,dentro do Proxecto Voz Natura 2016/17 no que participa o Colexio.Chegamos cheos de terra,pero aproveitamos para ver como vai quedar o patio de infantil...

miércoles, 15 de febrero de 2017

ENSAIOS DA COREOGRAFÍA DO ENTROIDO.

Como xa vos daredes decatado,estamos un pouco revolucionados co Entroido e os chineses,e estamos a ensaiar coa axuda da profe Belén a coreografía da canción "En un bosque de la china" de Enrique e Ana (para os da xeneración EXB ,para os da xeneración LOXSE antecesores de Cantajuegos).

martes, 14 de febrero de 2017

SEGUNDA SESIÓN MUS-e DE DANZA.

E para ir practicando no Entroido,tivemos a segunda sesión Mus-e de Danza con Xus...
SAÍDA TEATRO AFUNDACIÓN .

A pasada semana,tivemos unha saída a Fundación Abanca na Coruña,onde vimos a obra "OSIÑO",da compañía de marionetas Trompicallo.Encantounos.
EIRUGA LARPEIRA VERSIÓN PLÁSTICA.

Como xa vos dixemos,estamos a facer un libro da Eiruga Larpeira,e tamén queremos facer a versión 3D modelando con pasta blanca e pintando con témpera,para non perder o costume do ano pasado.

Fondue de chocolate.

 Hoxe,as calses de 5 anos A,3 anos A e 3 anos B fixemos ana aula azul unha Fondue de chocolate con froitas.