jueves, 21 de diciembre de 2017

RECIBIMENTO AOS REIS MAGOS E COTILLÓN INFANTIL.

Por fin chegou o fin de trimestre, e celebramos ao revés o Nadal.Primeiro recibimos aos Reis Magos e logo celebramos o fin de ano con champín e uvas vestidos de gala ,para logo tomar o chocolate con churros.
P.D.Chegamos cedo a casa.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VISITA EXPOSICION DE PABLO GENOVÉS E LITA CABELLUT NO MAC.

Hoxe fixemos a segunda excursión do curso ao Museo de Arte Contemporáneo  para ver as exposición do fotógrafo Pablo Genovés e da pintora Lita Cabellut.Relacionado coa obra de Genovés cunha serie de fotos de inundacións,fixemos un obradoiro no que simulamos inundar a cidade da Coruña como efecto do cambio climático.

martes, 19 de diciembre de 2017

MÓBIL DE NADAL.

En plástica estivemos a facer con material de reciclaxe(as esquineiras de protección das mesas de Primaria)un móbil para o Nadal.Idea da profe Pilar.

domingo, 17 de diciembre de 2017

VISITA DE PAPÁ NOEL.


Logo,ao chegar ao cole,non tivemos tempo de relaxarnos. Tivemos a visita dun señor vestido de vermello e con barba branca que nos deu un agasallo.
CUMPLES DE DANIELA E LARA.

Esta semana  tamén tivemos os cumples das benxaminas  desta promoción,Daniela e Lara,da clase de Susana. Parabéns as dúas!!

Fondue de chocolate.

 Hoxe,as calses de 5 anos A,3 anos A e 3 anos B fixemos ana aula azul unha Fondue de chocolate con froitas.