INFORMACIÓN AS FAMILIAS SOBRE ACTIVIDADES A FACER ESTES DÍAS SIN CLASE A CAUSA DA PANDEMIA COVID-19.
Na Web da Consellería de Educación publicáronse o pasado xoves, 12 de
marzo de 2020, unha serie de medidas a adoptar en todos os centros de ensino en
relación oa pandemia covid-19, entre as que se atopa a suspensión de todo
tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non
universitario para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de
marzo de 2020. A día de 22 de marzo, a Consellería toma outras medidas,
decidindo alarcar a suspensión outros 15 días, polo que as clases retomaranse o
vindeiro martes, día 14 de abril.
Así mesmo, outra das medidas propostas pola Consellería é que o
profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios
telemáticos, accesibles ó seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos
contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu
domicilio, e fará o seu seguimento, pero non Terán carácter de avaliables.
Polo tanto, no marco destas medidas e atendendo ó carácter de xenérico
das actividades que debo proponer, a continuación recollemos unha compilación
de propostas lúdicas. Non se trata de que realicedes moitas actividades nin de
saturar ós nenos/as realizando tarefas. Escollede as que máis lle poidan gustar
aos vosos cativos e cativas. Todas as actividades poden adaptarse segundo os
gustos, capacidades, destrezas, habilidades e intereses de cada neno/a.
As actividades que a continuación se indican non tedes que facelas
todas, propóñense para que poidades facer unha selección e organizar cada día,
de modo que traballedes algo de cada contexto.
RUTINAS
DIARIAS:
●
Traballar sobre o calendario (o día,
o mes, o tempo que fai…) como facemos diariamente na escola
●
Eleximos o nome dun compañeiro cada
día como se fose o encargado: contamos as sílabas do seu nome con palmas, van
dicindo as letras que hay en cada sílaba e escribimos o nome, elixen unha das
consonantes e formamos sílabas xuntándoa coas vogais, buscamos unha palabra que
empece por cada unha das sílabas.
ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER NO
CONTEXTO DE TEATRO (clase verde):
●
Aprender adiviñas, cancións, rimas,
ditos, trabalingüas… Aquí van uns enlaces onde podedes atopar recursos en
lingua galega:
o
https://www.youtube.com/playlist?list=PLSKIP1hsOgp_S6u3L-CZkeXn3lrCCojUT
(lista de reprodución de cancións en galego)
●
Xogar ás rimas.
No anexo tedes algunhas das rimas coas
que traballamos na clase.
●
Realizar lecturas en familia: é moi
importante que lles leades contos e que eles sexan tamén quenes nolos “lean” a
nós. Podedes axudarlles a inventar historias, buscade 4 palabras para que
inventen un conto no que aparecen as catro (exemplo: oso, elefante, río, lúa).
Buscade con eles un título para ese conto. Poden debuxar dúas escenas do conto
(traballade cal vai antes e cal despois) e escribir o título. Un exemplo de
formato pode ser:
●
Tamén podedes inventar historias ou
podedes contarlles contos que conteñas textos repetitivos, onomatopeias,
debuxos vistosos, exercicios motores como soprar… Logo pedirlles que
identifiquen as personaxes e que expliquen o que lles ocorre no conto, o que
fan, darlle outro título… Ademais é importante que sexa o propio do neno/a o
que conte o conto ós adultos.
●
Poden facer un debuxo do que queiran
e escribir o seu nome (traballar previamente como se escribe para que despois
poidan facelo con pouca axuda. Un modelo que podedes facer é:
●
Tamén podedes escoitar contos online:
Cocorico:
A tartaruga que quería durmir:
A casa da mosca chosca:
Te quiero casi siempre:
Con Tango son tres:
●
Ver libros de imaxes e fotografías
con eles/as e comentar o que vemos para ampliar vocabulario
●
Xogar a colocar 5 obxetos debaixo
dun pano, sen mirar terá que recordar o nome dos obxetos que están debaixo.
Podemos ir complicando e aumentando o número.
●
Xogar con “cousas de soprar” como un
muíño de vento, pompeira de xabón, unha palla nunha bolsa con papeis…
●
Chamar por teléfono/Skype a algún
compañeiro/a da clase, amigo/a…
●
Aprender algún chiste e logo
contarllo a alquén
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A INICIACIÓN Á LECTO-ESCRITURA
●
Xogar a facer unha lista co nome dos
compañeiros da clase
●
Xogar a adiviñar que pon, como se
escribe…
●
Xogar a dicir palabras que empezan
por unha determinada sílaba
●
Contar as sílabas das palabras con
palmas. Escribir esas palabras coas letras que poden recordar.
●
Mandar unha mensaxe por email o
what’s app a alguén
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO CONTEXTO
CASA-POBO (clase vermella)
●
Contar obxectos habituais (froita,
xoguetes, pezas de roupa…) escribídelle o nome dos obxetos (ou que o escriban
eles) e que poñan eles o número.
●
Escribide a serie numérica de 1 ao 6
(ata o 9 se vedes que xa o saben) e borrade ou tapade un número para que
adiviñen cal falta.
●
Contar cara adiante e cara atrás.
●
Xogar a buscar o número anterior e posterior a outro (empezamos co número
do 1 ao 5, logo vamos ampliando). Tedes no anexo un modelo, elexide
números máis altos ou baixos según vexades vós.
●
Facer series que iremos complicando
pouco a pouco (ex: vermello-azul...: vermello-azul-amarelo...;
vermello-vermello-azul-azul...
●
Cadros de doble
entrada. Tedes modelos no anexo.
●
Clasificar obxectos por cor, tamaño
(grande/pequeno)
●
Marcar números de teléfono para
chamar a alguén
●
Encher e baleirar botes ou botellas
con diferentes materiais (auga, fariña, arroz…) e empregando diferentes
utensilios (culleres, cunchas….)
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO
CONTEXTO DE ARTE (clase amarela)
●
Facer collages
●
En relación co proxecto do cambio
climático, podedes falarlle das tribus australianas e propoñerlle facer
máscaras desas tribus.. Pódenas decorar libremente con rotulador, pintura e
bastoncillos e traelas ao cole cando estemos de volta. Aquí vos
deixamos un exemplo:
Outras actividades que poden realizar son:
●
Resgar papel
●
Facer bolas engurrando papel
●
Pintar sobre teas vellas
●
Facer un autorretrato mirándose no
espello, ou facer un retrato de mamá/papá…
●
Xogar con plastilina
●
Colorear debuxos
o
APP de realidade aumentada: Quiver
●
Pintar con diferentes materiais:
pinceis, esponxas…
●
Decorar debuxos con adesivos, cuños…
●
Elaborar colares ou pulseiras con
macarróns
●
Elaborar botes sensoriais
●
Pintar con xeos
●
Tinguir papel absorvente con
colorante e un goteiro
●
Decorar camisetas vellas
●
Visitar museos virtuais
●
Facer manualidades sinxelas con
material reciclado (en Pinterest hai moitísimos exemplos https://www.pinterest.es/search/pins/?rs=ac&len=2&q=manualidades%20recicladas%20infantiles&eq=Manualidades%20recicladas&etslf=3528&term_meta[]=manualidades%7Cautocomplete%7C4&term_meta[]=recicladas%7Cautocomplete%7C4&term_meta[]=infantiles%7Cautocomplete%7C4
)
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO
CONTEXTO DE XOGOS (clase azul)
●
Xogar con xogos de construción
●
APPS:
o
PINKFONG
o
Super puzzle
o
El Buho Boo. Para aprender a identificar los sonidos de
cada animal
●
Xogar a xogos de mesa: oca, dominó…
●
Facer crebacabezas
●
Xogos do
proxecto: No anexo tedes
o bingo dos animais en perigo de extinción.
ACTIVIDADES
MUSICAIS
●
Aprender e cantar cancións,
bailalas, relaxarse con elas… Alguns exemplos:
As cancións do proxecto:
Outras:
o
https://www.youtube.com/watch?v=3jHhQjRVMak
(Non hai berce coma o colo, a canción que usamos para relaxarnos antes de
merendar)
o
Calqueira de Magín Blanco, como
Marcho que teño que marchar https://www.youtube.com/watch?v=Pi3FCLq9WtA
o
Calqueira de A Gramola Gominola,
como A fábrica de Carmela https://www.youtube.com/watch?v=yZ2V88BPXhw
o
Calqueira de Paco Cerdeira Pakolas,
como Xabarín con bombín https://www.youtube.com/watch?v=7BWjpqx-V8A
Calqueira de Uxía
Lambona e a banda molona, como Carolina https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI
ACTIVIDADES
PARA DESENVOLVER A AUTONOMÍA
●
Axudar a preparar o almorzo, comida…
●
Poner e recoller a mesa
●
Axudar a lavar a louza
●
Recoller os xoguetes
●
Poner e quitar roupa
●
Calzarse e descalzarse
●
Lavar as mans seguindo as
recomendacións
●
Lavar os dentes
●
Gardar a roupa no armario
●
Axudar a tender a roupa
●
Axudar a facer a cama
●
Axudar a coidar as mascotas
ACTIVIDADES
PARA FAVORECER A MOTRICIDADE GROSA
●
Xogar a agocharse para que nos
atopen
●
Xogar a agochar obxectos que logo
teñen que buscar
●
Xogar a encestar cousas nun cubo ou
canastra
●
Xogar a pasarse a pelota
●
Xogos de espello (imitar)
●
Imitar o movemento dos animais: o
gato ca catro patas, a tartaruga andar lento, o paxaro mover os brazos…
●
Xogar a pillar
●
Xogar ó Simón di
●
Transportar un obxecto con distintas
partes do corpo
●
Facer carreiras
●
Camiñar como un robot, formiga,
canguro…
●
Escoitar e bailar cancións con
coreografía sinxela
OUTRAS
ACTIVIDADES:
●
Cociñar receitas novas
●
Ver películas en familia
●
Disfrazarse
●
Pintar as unllas
●
Guerras de cóxegas
●
Elaborar un diario debuxando o que
fan cada día
●
Expresar emocións
●
Xogos de memoria e atención
●
Facer un arco da vella (iniciativa
#todovaisairben)
Durante estes días é importante
que os nenos/as teñan unha rutina.
Podedes organizar a semana elaborando un horario coas actividades e rutinas que
ides a realizar cada día. Tede en conta que no cole pasamos polo mesmo contexto
2 veces, pero non repiten zona, pasan unha vez á semana por cada zona. É importante
anticiparlles o que imos facer con eles. Pola mañá aconséllase facer
actividades de maior concentración e pola tarde aproveitar para ler, xogar de
forma manipulatica ou facer actividades de experimentación. Aínda que hai
moitos enlaces, sempre que poidasmos, debemos evitar as pantallas.
Esperamos que esta situación remate o antes posible e que tanto nenos/as
como mestres/as poidamos regresar ás aulas para seguir aprendendo e desfrutando
da escola. Agradecemos enormemente a vosa labor como familia nestes momentos.
Nós estaremos ó voso servizo namentres non remate esta crise e manteremos
contacto a través do correo do colexio
Non dubidedes en solicitar axuda se a precisades. Grazas familias e
moita saúde para todos/as.!
Xoán e Susana
ANEXO
Rimas
Cadros de doble entrada.
Para recortar
Anterior- posterior
Poden escribir, ou colocar as
tarxetas.
Tarxetas para recortar
Bingo dos animais en perigo de extinción
Xogade en familia. Que sexa @
nen@ quen lea as tarxetas (sen imaxe). Se non é capaz, poderá mirar polo
taboleiro que ten as imaxes cos nomes.