martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ 2018.

Se achega o entroido e a primavera que o sangue altera,pero antes ven o día da Paz que este ano seguimos celebrado con mans na árbore que temos no hall de Infantil e bailando a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan".
Este ano como novidade escribimos no patio de Primaria a frase "Queremos Paz" e a grabamos desde o aire cunha cámara facendo nós de letras.
ILLA FANTASÍA.

Seguimos a recibiren cartas desde Illa Fantasía,propoñéndonos retos.Esta vez foi o gobernador da Illa que nos pedíu unha foto cunha estrofa da cancion "Celebra la vida" para que lla mandemos e que fagamos un pau de chuvia con tea vermella con mensaxes  para o Día da Paz.
Tamén recibimos a segunda visita da bruxa Brúxula que nos agasallou cunha constelación de letras e nos animou a seguiren aprendendo a ler.
VISITA AO ACUARIUM  FINISTERRAE.

Como xa sabedes estamos a estudiar A Auga,polo que programamos para este mes de Xaneiro,no que a entrada é gratuita,a visita ao Acuario da Coruña,onde aprendimos moitas cousas do Mar ,do coidado que temos que ter con él e  dos animais que viven nel.Moitas grazas as monitoras que nos acompañaron porque ese día foi moi duro pola afluencia de visitas que tiveron.

Nadal 2025 III

 Esperando ao Reis Magos Panxoliña  aos Reis Magos : "Chegou o nadal"      4 anos   Cotillón infantil