lunes, 23 de marzo de 2020

INFORMACIÓN AS FAMILIAS.


   INFORMACIÓN AS FAMILIAS SOBRE ACTIVIDADES A FACER ESTES DÍAS              SIN  CLASE A CAUSA  DA PANDEMIA COVID-19.

Na Web da Consellería de Educación publicáronse o pasado xoves, 12 de marzo de 2020, unha serie de medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación oa pandemia covid-19, entre as que se atopa a suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020. A día de 22 de marzo, a Consellería toma outras medidas, decidindo alarcar a suspensión outros 15 días, polo que as clases retomaranse o vindeiro martes, día 14 de abril.
Así mesmo, outra das medidas propostas pola Consellería é que o profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ó seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non Terán carácter de avaliables.
Polo tanto, no marco destas medidas e atendendo ó carácter de xenérico das actividades que debo proponer, a continuación recollemos unha compilación de propostas lúdicas. Non se trata de que realicedes moitas actividades nin de saturar ós nenos/as realizando tarefas. Escollede as que máis lle poidan gustar aos vosos cativos e cativas. Todas as actividades poden adaptarse segundo os gustos, capacidades, destrezas, habilidades e intereses de cada neno/a.

As actividades que a continuación se indican non tedes que facelas todas, propóñense para que poidades facer unha selección e organizar cada día, de modo que traballedes algo de cada contexto.
RUTINAS DIARIAS:
        Traballar sobre o calendario (o día, o mes, o tempo que fai…) como facemos diariamente na escola
        Eleximos o nome dun compañeiro cada día como se fose o encargado: contamos as sílabas do seu nome con palmas, van dicindo as letras que hay en cada sílaba e escribimos o nome, elixen unha das consonantes e formamos sílabas xuntándoa coas vogais, buscamos unha palabra que empece por cada unha das sílabas.
ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER NO CONTEXTO DE TEATRO (clase verde):

        Aprender adiviñas, cancións, rimas, ditos, trabalingüas… Aquí van uns enlaces onde podedes atopar recursos en lingua galega:
o   https://orellapendella.gal (páxina que recompila literatura popular infantil de Galicia)
o   https://www.youtube.com/playlist?list=PLSKIP1hsOgp_S6u3L-CZkeXn3lrCCojUT (lista de reprodución de cancións en galego)
        Xogar ás rimas. No anexo tedes algunhas das rimas coas que traballamos na clase.
        Realizar lecturas en familia: é moi importante que lles leades contos e que eles sexan tamén quenes nolos “lean” a nós. Podedes axudarlles a inventar historias, buscade 4 palabras para que inventen un conto no que aparecen as catro (exemplo: oso, elefante, río, lúa). Buscade con eles un título para ese conto. Poden debuxar dúas escenas do conto (traballade cal vai antes e cal despois) e escribir o título. Un exemplo de formato pode ser:
        Tamén podedes inventar historias ou podedes contarlles contos que conteñas textos repetitivos, onomatopeias, debuxos vistosos, exercicios motores como soprar… Logo pedirlles que identifiquen as personaxes e que expliquen o que lles ocorre no conto, o que fan, darlle outro título… Ademais é importante que sexa o propio do neno/a o que conte o conto ós adultos.
        Poden facer un debuxo do que queiran e escribir o seu nome (traballar previamente como se escribe para que despois poidan facelo con pouca axuda. Un modelo que podedes facer é:
        Tamén podedes escoitar contos online:
Cocorico:
A tartaruga que quería durmir:
A casa da mosca chosca:
Te quiero casi siempre:
Con Tango son tres:
        Ver libros de imaxes e fotografías con eles/as e comentar o que vemos para ampliar vocabulario
        Xogar a colocar 5 obxetos debaixo dun pano, sen mirar terá que recordar o nome dos obxetos que están debaixo. Podemos ir complicando e aumentando o número.
        Xogar con “cousas de soprar” como un muíño de vento, pompeira de xabón, unha palla nunha bolsa con papeis…
        Chamar por teléfono/Skype a algún compañeiro/a da clase, amigo/a…
        Aprender algún chiste e logo contarllo a alquén

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A INICIACIÓN Á LECTO-ESCRITURA
        Xogar a facer unha lista co nome dos compañeiros da clase
        Xogar a adiviñar que pon, como se escribe…
        Xogar a dicir palabras que empezan por unha determinada sílaba
        Contar as sílabas das palabras con palmas. Escribir esas palabras coas letras que poden recordar.
        Mandar unha mensaxe por email o what’s app a alguén























ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO CONTEXTO CASA-POBO (clase vermella)
        Contar obxectos habituais (froita, xoguetes, pezas de roupa…) escribídelle o nome dos obxetos (ou que o escriban eles) e que poñan eles o número.
        Escribide a serie numérica de 1 ao 6 (ata o 9 se vedes que xa o saben) e borrade ou tapade un número para que adiviñen cal falta.
        Contar cara adiante e cara atrás.
        Xogar a buscar o número anterior e posterior a outro (empezamos co número do 1 ao 5, logo vamos ampliando). Tedes no anexo un modelo, elexide números máis altos ou baixos según vexades vós.
        Facer series que iremos complicando pouco a pouco (ex: vermello-azul...: vermello-azul-amarelo...; vermello-vermello-azul-azul...
        Cadros de doble entrada. Tedes modelos no anexo.

        Clasificar obxectos por cor, tamaño (grande/pequeno)
        Marcar números de teléfono para chamar a alguén
        Encher e baleirar botes ou botellas con diferentes materiais (auga, fariña, arroz…) e empregando diferentes utensilios (culleres, cunchas….)








ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO CONTEXTO DE ARTE (clase amarela)


        Facer collages
        En relación co proxecto do cambio climático, podedes falarlle das tribus australianas e propoñerlle facer máscaras desas tribus.. Pódenas decorar libremente con rotulador, pintura e bastoncillos e  traelas  ao cole cando estemos de volta. Aquí vos deixamos un exemplo:


Outras actividades que poden realizar son:

        Resgar papel
        Facer bolas engurrando papel
        Pintar sobre teas vellas
        Facer un autorretrato mirándose no espello, ou facer un retrato de mamá/papá…
        Xogar con plastilina
        Colorear debuxos
o   APP de realidade aumentada: Quiver
        Pintar con diferentes materiais: pinceis, esponxas…
        Decorar debuxos con adesivos, cuños…
        Elaborar colares ou pulseiras con macarróns
        Elaborar botes sensoriais
        Pintar con xeos
        Tinguir papel absorvente con colorante e un goteiro
        Decorar camisetas vellas
        Visitar museos virtuais













ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NO CONTEXTO DE XOGOS (clase azul)
        Xogar con xogos de construción
        APPS:
o   PINKFONG
o   Super puzzle
o   SMILE AND LEARN (https://smileandlearn.com/)
o   El Buho Boo. Para aprender a identificar los sonidos de cada animal
        Xogar a xogos de mesa: oca, dominó…
        Facer crebacabezas
        Xogos do proxecto: No anexo tedes o bingo dos animais en perigo de extinción.



















ACTIVIDADES MUSICAIS
        Aprender e cantar cancións, bailalas, relaxarse con elas… Alguns exemplos:
As cancións do proxecto:
Outras:
o   https://www.youtube.com/watch?v=3jHhQjRVMak (Non hai berce coma o colo, a canción que usamos para relaxarnos antes de merendar)
o   Calqueira de Paco Nogueiras, como Meu o mundo é! https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw
o   Calqueira de Magín Blanco, como Marcho que teño que marchar https://www.youtube.com/watch?v=Pi3FCLq9WtA
o   Calqueira de A Gramola Gominola, como A fábrica de Carmela https://www.youtube.com/watch?v=yZ2V88BPXhw
o   Calqueira de Paco Cerdeira Pakolas, como Xabarín con bombín https://www.youtube.com/watch?v=7BWjpqx-V8A
Calqueira de Uxía Lambona e a banda molona, como Carolina https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI
Calquera de Pablo Días, como O tío Ramón, https://www.youtube.com/watch?v=naxQ7KkVN_g

ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A AUTONOMÍA
        Axudar a preparar o almorzo, comida…
        Poner e recoller a mesa
        Axudar a lavar a louza
        Recoller os xoguetes
        Poner e quitar roupa
        Calzarse e descalzarse
        Lavar as mans seguindo as recomendacións
        Lavar os dentes
        Gardar a roupa no armario
        Axudar a tender a roupa
        Axudar a facer a cama
        Axudar a coidar as mascotas

ACTIVIDADES PARA FAVORECER A MOTRICIDADE GROSA
        Xogar a agocharse para que nos atopen
        Xogar a agochar obxectos que logo teñen que buscar
        Xogar a encestar cousas nun cubo ou canastra
        Xogar a pasarse a pelota
        Xogos de espello (imitar)
        Imitar o movemento dos animais: o gato ca catro patas, a tartaruga andar lento, o paxaro mover os brazos…
        Xogar a pillar
        Xogar ó Simón di
        Transportar un obxecto con distintas partes do corpo
        Facer carreiras
        Camiñar como un robot, formiga, canguro…
        Escoitar e bailar cancións con coreografía sinxela

OUTRAS ACTIVIDADES:
        Cociñar receitas novas
        Ver películas en familia
        Disfrazarse
        Pintar as unllas
        Guerras de cóxegas
        Elaborar un diario debuxando o que fan cada día
        Expresar emocións
        Xogos de memoria e atención
        Facer un arco da vella (iniciativa #todovaisairben)
        Proporas da páxida Aulas Galegas: http://aulasgalegas.org/category/infantil-3-anos/

Durante estes  días é importante que os nenos/as teñan unha rutina. Podedes organizar a semana elaborando un horario coas actividades e rutinas que ides a realizar cada día. Tede en conta que no cole pasamos polo mesmo contexto 2 veces, pero non repiten zona, pasan unha vez á semana por cada zona. É importante anticiparlles o que imos facer con eles. Pola mañá aconséllase facer actividades de maior concentración e pola tarde aproveitar para ler, xogar de forma manipulatica ou facer actividades de experimentación. Aínda que hai moitos enlaces, sempre que poidasmos, debemos evitar as pantallas.

Esperamos que esta situación remate o antes posible e que tanto nenos/as como mestres/as poidamos regresar ás aulas para seguir aprendendo e desfrutando da escola. Agradecemos enormemente a vosa labor como familia nestes momentos. Nós estaremos ó voso servizo namentres non remate esta crise e manteremos contacto a través do correo do colexio

Non dubidedes en solicitar axuda se a precisades. Grazas familias e moita saúde para todos/as.!

Xoán e Susana
























ANEXO







Rimas
     

Cadros de doble entrada.





          Para recortar




Anterior- posterior
Poden escribir, ou colocar as tarxetas.



Tarxetas para recortar



Bingo dos animais en perigo de extinción
Xogade en familia. Que sexa @ nen@ quen lea as tarxetas (sen imaxe). Se non é capaz, poderá mirar polo taboleiro que ten as imaxes cos nomes.








































































Rectángulo redondeado: ABELLA
Rectángulo redondeado: BALEA

Rectángulo redondeado: OSO PANDA
Rectángulo redondeado: CANGURO
Rectángulo redondeado: OSO POLAR
Rectángulo redondeado: PINGÜÍN






Rectángulo redondeado: TARTARUGA
Rectángulo redondeado: MORCEGO
Rectángulo redondeado: TIGRE
Rectángulo redondeado: ORANGUTÁN 

Rectángulo redondeado: ELEFANTE




















Rectángulo redondeado: PINGÜÍN

Rectángulo redondeado: ORANGUTÁN








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fondue de chocolate.

 Hoxe,as calses de 5 anos A,3 anos A e 3 anos B fixemos ana aula azul unha Fondue de chocolate con froitas.