INICIO DE CURSO.
Despois dun longo verán,volvemos a clase con novos amig@s ,moitas aulas e nova metodoloxía.
Estamos adaptándonos ao baile de clases con moita circulación polo andar de Infantil,pero xa temos formados os nosos Equipos de traballo e todo vai indo como tiña que ir.
Resumindo moito hai catro contextos que son as catro aulas de 4 e 5 anos : cada unha ten unha cor.
A primeira hora da mañá estamos na nosa aula de referencia,onde facemos as Rutinas: a de Susana é a verde e a de Xoán é a Vermella.Alí pasamos lista,poñemos o tempo e eleximos encargado. Todo un clásico!
Logo ven o guay. Seguindo un horario de cores imos pasando polos catro contextos: Teatro, a clase verde,A Casiña,clase vermella, Xogos , a clase azul e Arte,a clase amarela.Ao longo da semana pasamos polo menos dúas veces por cada un dos contextos. Os de catro anos imos unha máis a de Arte e a de Xogos,os de 5, tres veces á semana a de Teatro e Casiña.
Ata aí,sin problema ,menos para cando ven Alfredo ,o conserxe, a buscarnos..
Pero aí non acaba a cousa.Dentro de cada contexto hai catro Rincones,sí,todos distintos!
No contexto de Casa- Pobo ( Aula Vermella ) están o Super,a cociña,a oficina e o taller, e se traballan conceptos lóxico-matemáticos sempre de maneira manipulativa..Xa veredes cando vos fagan a lista da compra!
No de Teatro ( Aula Verde ) se traballan a expresión oral e escrita, e hai os rincones de teatro,imprenta,proxecto e puzzles de letras.Alí faremos as obras de Teatro e as representaremos.Si saen cos zapatos cambiados e cousa do oficio...
No de Xogos ( Aula Azul ) estarían os rincones do Proxecto do cole e de Infantil ao longo do curso,o de Informática ,o de xogos e o de puzzles e ciencia.Aquí están os Legos e os coches!
Por último,estaría o contexto de Arte( Aula Amarela ),con mandilóns, que non cunda o pánico,onde están os rincones de arte,proxecto do artista,modelado e xogos sensoriais. Para os que carecen de Fé xa veredes as fotos, e para o resto as lavadoras tamén teñen que traballar.
Tódolos nen@s pasan polos currunchos dentro dun Equipo que non varía nun trimestre.Cada un ten nome de animal, para que coincida co tema da Biblioteca e o Proxecto de Infantil.Na clase de Susana serían os Equipos Abella,Cabalo,Balea e Dinosaurio .Na clase de Xoán son os Equipos Lobo,Peixe,Bolboreta e Hipopótamo.Salientar que tódolos Equipos foron votados polos nen@s .
Aparte de todo isto,temos as especialidades de Inglés coa profe Mercedes,Música coa profe Anaysi,Psicomotricidade coa profe Luz e relixión coas profes Eva e Any,aparte claro está do tempo da merenda ( froita-bocata..) e por suposto o recreo.
Isto só é o principio... (CONTINUARÁ)
martes, 1 de octubre de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Fondue de chocolate.
Hoxe,as calses de 5 anos A,3 anos A e 3 anos B fixemos ana aula azul unha Fondue de chocolate con froitas.
-
Hoxe , @s nen@s de 5 anos foron ao Zoo de Marcelle onde pasaron un día moi intenso. E, á volta, antes de subir ao bus tivemos un intre de...
-
OS PRIMEIROS DÍAS. Xa pasamos o temido Período de Adaptación(tampouco foi para tanto...) e xa podedes ver que adaptámonos perfectamente á ...
-
CUMPLES DE SERGIO,MARTINA E DYLAN. E como non podía ser menos,escomezamos a temporada de cumples cos de Sergio ,da clase do profe Xoán ,e ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario